O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web “www.esadgalicia.com” en adiante web, que a ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA, (en adiante, a ESAD de Galicia), con domicilio en Poza Cabalo s/n, 36212, Vigo, Pontevedra, e con dirección de correo electrónico esad.galicia@edu.xunta.es, número de identidade S-3600026-C.

Termos de uso

  • Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
  • O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Exención de responsabilidade

  • O contido facilitado a través desta web publícase con efectos meramente informativos e non substitúe a publicidade legal de normativas, disposicións e actos que teñen que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais ou dados a coñecer mediante os taboleiros oficiais do centro. Aínda que por parte da ESAD de Galicia se realizarán os esforzos necesarios para que a información contida na web sexa exacta e actualizada, non se garante a non existencia de erros nos contidos do sitio web, nin que se atope totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG e doutros boletíns oficiais, así como nos documentos oficiais do centro teñen carácter auténtico e validez oficial.
  • A ESAD de Galicia resérvase o dereito de modificar a estrutura da súa web, tanto na forma como nos contidos, ata dar de baixa a súa edición sen necesidade de notificar con antelación esta circunstancia aos usuarios.
  • A web contén nalgunhas ocasións enlaces a páxinas externas sobre as que non se teñen control algún e respecto das cales se declina toda responsabilidade.
  • A ESAD de Galicia non se responsabiliza de posibles danos que puidese causar ao usuario un uso incorrecto, erróneo ou indebido dos servizos e contidos desta web por parte deste
  • Estas cláusulas non teñen por obxecto limitar a responsabilidade da ESAD de Galicia, de forma contraria ao disposto pola normativa española aplicable, nin excluír a súa responsabilidade nos casos nos que, en virtude de dita normativa, non poida excluírse.

Dereitos da Propiedade Intelectual

  • A ESAD de Galicia é a titular dos dereitos de Propiedade Intelectual sobre a páxina web, o seu deseño gráfico e os seus contidos, salvo que nos mesmos se indique titularidade distinta.

Servizo

  • A ESAD de Galicia intentará reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Protección de datos persoais

  • O tratamento de datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e ao resto da normativa de aplicación.
  • Os datos fornecidos nos formularios son voluntarios e só se empregarán para remitir a información solicitada. O usuario ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que sexan exactos e que se utilicen para o fin para o que se recollen, así como a súa cancelación, coas excepcións previstas na lexislación vixente.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies