Admisión e acceso

Admisión e acceso

Para cursar Estudos Superiores de Arte Dramática as persoas aspirantes deben estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente, e superar unha proba de acceso. Segundo o número de vacantes dispoñibles en cada especialidade, a Dirección Xeral competente en materia de Ensinanzas Artísticas Superiores adxudica as prazas en función das cualificacións globais obtidas na mesma.

Requisitos para solicitar a inscrición nas probas de acceso

  • Ter o título de Bacharelato (ou título equivalente).
  • Ter superada a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
  • Ter superada a proba de madureza para persoas que teñan 18 anos cumpridos no ano de realización das probas. Esta proba ten como finalidade valorar a madureza, os coñecementos e as aptitudes en relación cos obxectivos propios do Bacharelato, para cursar con aproveitamento as ensinanzas superiores de Arte Dramática.
Listaxe provisional de cualificacións.pdf
Listaxe de persoas admitidas probas de madurez.pdf
Resolución DOG Maiores de 18 anos.pdf

Oferta de prazas de novo ingreso

O número de prazas de novo ingreso para cada curso escolar é de 12 para Dirección escénica e dramaturxia, 12 para Escenografía, e 24 para Interpretación, atendendo ao establecido no Real Decreto 303/2010, de 15 de marzo, no seu artigo 26, que establece a relación numérica profesorado / alumnado (Boletín Oficial do Estado do 9 de abril de 2010).

Perfil de ingreso

Para as especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Interpretación, non existe un perfil de ingreso recomendado. Non é obrigatorio ter cursado unha opción determinada de Bacharelato. Con todo, as persoas que queiran cursar estas dúas especialidades poderían optar preferentemente polo Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, mentres que para as persoas que queiran optar pola especialidade de Escenografía resulta recomendable o Bacharelato de Artes.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies