Instalacións

O EDIFICIO

O edificio da ESADg é o primeiro dunha serie de tres que van conformar a sede definitiva da institución, e que a vai converter nun centro de referencia en todo o Estado. Foi construído coa colaboración e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A escola conta, entre outras instalacións, cos seguintes espazos:

Auditorio (aforo: 125 butacas), camerinos e almacén técnico.
Teatro ao aire libre.
Aulas prácticas para interpretación, dirección escénica, expresión oral e corporal, danza e música, con equipamento de iluminación e son.
Aulas de escenografía, caracterización e indumentaria.
Aula de deseño por ordenador e aula de debuxo artístico.
Aulas teóricas e de seminarios.
Biblioteca.
Cafetería e comedor.
Vestiarios para alumnado e profesorado.
Salas de xuntas.
Salas para profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.
Salas para departamentos e servizos.
Servizos administrativos e de xestión.
Zonas Verdes.

Tanto alumnado como profesorado pode dispoñer das instalacións, aulas e recursos do centro para a realización de traballos vinculados cos procesos de ensinanza e aprendizaxe, creación e investigación, e con outros proxectos e programas da escola. A solicitude de espazos deberá facerse mediante unha serie de procedementos, tentando en todo momento cumprir as normas de uso establecida en cada caso. Na sección de alumnado e de profesorado, e no apartado de documentos, están dispoñibles os diferentes impresos para solicitar o uso de espazos e recursos.

PROTOCOLO DE USO DO ALMACÉN

Para  garantir  un  uso  adecuado  do  almacén  e  dos  materiais  depositados  nel,  establécense  as seguintes  normas,  aprobadas  pola  Comisión  de  Coordinación  Pedagóxica  con  data  do  23  de febreiro de 2016.

PRÉSTAMO
  • O horario de préstamo será de 16.00 h. a 18.00 h.
  • O  servizo  será  atendido  polo  profesorado  que  estea  realizando  as  titorías  docentes nese horario, segundo horario dispoñible na páxina web da escola.
  • Os martes o servizo será atendido polo persoal de Conserxería, no mesmo horario.
  • O tempo de que se disporá para recoller material estará limitado polo tempo dispoñible da persoa acompañante.
  • O  profesorado  poderá  acceder  directamente  ao  almacén  solicitando  as  chaves  en conserxería.
  • Tanto o profesorado como o alumnado que recolla materiais no almacén deberá cubrir a folla de control do mesmo.
DEVOLUCIÓN
  • O  material  debe  devolverse  unha  vez  utilizado.  Non se  pode  almacenar  nas  aulas  ou corredores.
  • O profesorado devolverá o material seguindo o mesmo procedemento da recollida.
  • O alumnado  poderá  devolver  o  material  todos  os  días  entre  as  11:45 h.  e  as  12:45 h., solicitando  do  persoal  de  Conserxería  que  os  acompañen  ao  almacén.  De  non  ser posible, poderá devolver o material en horario de tarde.
  • O alumnado e o profesorado deixarán o material no mesmo lugar e no mesmo estado en que se recolleu. A roupa, de ser o caso, debe lavarse. Debe igualmente asinarse a folla de entrega indicando a data.

BIBLIOTECA

A escola conta cun fondo bibliográfico e documental de máis de 6.400 rexistros, que ofrece apoio na docencia e na investigación ao alumnado e ao profesorado, así como aos investigadores e profesionais das artes escénicas. Un espazo que conta cunhas instalacións para 40 postos de traballo, con ordenadores, conexión a Internet e wi-fi.

⇒ Catálogo virtual

HORARIO DE PRÉSTAMO E CONSULTA
Luns: de 15:00 h. a 19:00 h.
Martes: de 10:00 h. a 14:00 h.
Xoves: de 15:00 h. a 19:00 h.


COORDINACIÓN DO SERVIZO DE BIBLIOTECA
Almudena Pérez de Oliveira

Telf.: 986 246 399 (Ext. 29)
biblioteca@esadgalicia.com

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies