Normativa

Normativa

A normativa aplicable na organización do centro e da súa oferta educativa, así como para o seu funcionamento, aparece recollida no Anexo III Documenta, do Manual de Calidade. Neste apartado presentamos a normativa fundamental para o funcionamento diario do centro.

  • DE201.02 Proxecto educativo
    Recolle os principios para a organización académica do centro así como o seu ideario e principios pedagóxicos.
  • DE201.03 Proxecto curricular
    Recolle os criterios fundamentais para a organización dos procesos de ensinanza, avaliación, aprendizaxe ou creación.
  • DE201.04 Plan de emerxencia e evacuación
    Elaborado segundo a normativa aplicable, e contempla os criterios básicos para garantir condicións de seguridade e (auto)protección para toda a comunicade educativa.
  • DE301.01 Normas de organización e funcionamento
    Recolle as normas de organización interna do centro e as pautas de funcionamento en función do establecido na lexislación vixente. Dirección, órganos colexiados, órganos de coordinación, departamentos, servizos, administración, xestión, profesorado, alumnado ou organización de actividades.
  • DE201.05 Plan de Convivencia
    Que contén normas e criterios para garantir valores fundamentais como o respecto, a tolerancia, a igualdade de xénero, a inclusión, o respecto pola diversidade e a diferenza, así como medidas para prever condutas contrarias a tales valores.
  • DE201.06 Plan Lingüístico
    Recolle o plan de dinamización e fomento do uso da lingua galega, como lingua vehicular na creación escénica e audiovisual, sen prexuízo do uso doutras linguas como o castelán ou o inglés.
  • DE201.07 Plan estratéxico 2013-2017
    En tanto non se aproba o Plan Estratéxico 2018-2022, mantense en vigor o anterior, en tanto moita das propostas alí contidas, como a mellora de infraestruturas ou a adscrición á universidade seguen en proceso de negociación. Unha vez aprobado o novo Plan, antes de finalizar o actual curso escolar, farase público nesta web.
  • DE201.08 Plan anual 2017-2018
    Co plan de traballo para o presente curso escolar.
  • Manual de Calidade
    Elaborado seguindo os parámetros da norma ISO combinados cos propios da norma FIDES-AUDIT. O manual conta con 13 apartados e varios anexos nos que se presentan todos os procedementos que se realizan no centro, así como as normas de funcionamento e a lexislación aplicable.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies