Matrícula

Matrícula

A matrícula para o primeiro curso será de curso completo, se ben a dirección do centro poderá autorizar unha matrícula parcial de 30 créditos por causas debidamente xustificadas. Nos cursos seguintes, o alumnado sempre deberá matricularse dun mínimo de 30 créditos e dun máximo de 75, debendo matricularse obrigatoriamente das materias de formación básica que se correspondan co curso de referencia e igualmente das materias que teñan pendentes dos cursos anteriores ao de referencia. O alumnado que opte por realizar probas extraordinarias en decembro, en materias de contidos progresivos, ou en función dos resultados obtidos na convocatoria ordinaria do primeiro cuadrimestre, poderá realizar unha ampliación de matrícula en xaneiro.

Os prazos de matrícula, segundo o establecido na lexislación vixente, serán comunicados pola Secretaría académica do centro a través desta páxina web e dos taboleiros oficiais. En todo caso, a matrícula realizarase ben no mes de xuño ben no mes de xullo, despois das convocatorias ordinaria e extraordinaria de exames, e unha vez finalizadas as probas de acceso. Excepcionalmente, debido a probas de acceso extraordinarias ou traslados de expediente, poderán realizarse matrículas no mes de setembro.

Os impresos e documentos para a realización da matrícula están dispoñibles en administración.

Permanencia

Non se poderá realizar matrícula na mesma especialidade durante máis de oito anos académicos nun centro oficial dependente da Consellería competente en materia de Ensinanzas Artísticas Superiores da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das convocatorias adicionais ou anulacións de convocatoria que lle fosen concedidas. Para estes efectos computaranse todos os anos académicos en que o alumnado teña realizado matrícula, con independencia da eventual renuncia a esta, do número de disciplinas en que se teña matriculado e do número de créditos ECTS asociados a estas. O alumado dispón dun máximo de catro convocatorias por materia, podendo solicitar, de ser o caso, unha convocatoria adicional extraordinaria.

Transferencia e recoñecemento de créditos

O prazo de solicitude de recoñecemento de créditos, segundo se establece no procedemento PC601.02 Realización matrícula, comprenderá os días destinados á realización da matrícula ordinaria ou extraordinaria nos meses de xuño e xullo e o alumnado debera achegar a documentación seguinte:

  1. IP601.02 Solicitude recoñecemento créditos
  2. IP601.03 Solicitude recoñecemento actividades externas
  3. IP601.04 Solicitude recoñecemento actividade laboral e profesional
  4. Certificación oficial de estudos realizados, programas das materias e calquera outra que sexa necesaria, e no seu caso, certificación de actividades ou de actividade profesional.

No caso de convocatoria extraordinaria de probas de acceso, as persoas admitidas presentarán toda a documentación anteriormente sinalada no momento de formalizar a matrícula.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies