ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ACTIVIDADES
  • escénika. Campus Internacional de Verán
  • A ESAD de Galicia quérelle dar continuidade ao Campus Internacional das Artes Escénicas, que na súa primeira edición de 2008 obtivo e suscitou un interese que superou todas as espectativas. O Campus Internacional de Verán ten como finalidade ofrecer un espazo para o encontro, a formación permanente, o intercambio de experiencias e a promoción de foros de análise, debate e creación arredor das artes escénicas e das disciplinas que lle son propias. Esta iniciativa tamén abre liñas de encontro e intercambio con artistas procedentes doutras culturas e países. Con este proxecto, a ESAD de Galicia afirma o seu compromiso co desenvolvemento e regularización do sistema cultural galego.

    Desde 2014 o Escénika conta coa colaboración da FEGATEA para a súa realización.
  • escénika 2016
  • Do 04/07/2016 ao 15/07/2016
  • Na edición de 2016 a FEGATEA propón realizar dous cursos con docencia compartida por profesorado e titulados da ESAD de Galicia.

    Cursos FEGATEA

    Lugar: ESAD de Galicia
    Matrícula: http://fegatea.blogspot.com.es/
  • Curso 1. Dirección escénica e Escenografía
    Do 4 ao 8 de xullo (30 horas)
    Horario: De 9:00 a 13:30h e de 15 a 18h
    Dani Salgado e Diego Valeiras

    Este curso intensivo está pensado para todas aquelas persoas que desexen introducirse dunha maneira integrada e totalmente práctica nestas tarefas ou disciplinas da composición escénica: a dirección de actores e actrices e o deseño escénico. Neste curso levarase a cabo a concepción da estrutura dramática e as convencións que operan nun espectáculo escénico: a acción, o xénero, a caracterización, o ritmo, así como as implicacións que a escrita orixinal ten en elementos de dirección escénica ou produción tales como o vestiario, a escenografía ou a iluminación. O obxectivo principal deste obradoiro é aprender a integrar procedementos e saberes adquiridos para conseguir transmitir ao espectador as sensacións, emocións e o sentido da dramaturxia.

    Dani Salgado é profesor de Dirección escénica na ESAD de Galicia. Traballou en diversos espectáculos estreados no Teatre Nacional de Catalunya, Teatre Malic, CDG, Teatre Lliure, CCVF, etc. Autor, entre outras obras, de A dirección de actores (Galaxia, 2006).

    Diego Valeiras é escenógrafo, titulado pola ESAD de Galicia. Realiza o deseño de espazos escénicos, indumentaria e iluminación en varias compañías de teatro (Aporía, Limiar, Antagonista, Vía Seis, etc.) e tamén traballa en Arte para cinema e televisión. En 2015 foi artista residente na Casa de Velázquez de Madrid.


    Curso 2. Interpretación
    Do 11 ao 15 de xullo (30 horas)
    Horario: De 9:00 a 13:30h e de 15 a 18h
    Areta Bolado e Óscar Codesido

    Obradoiro intensivo dividido en tres módulos: Expresión corporal, canto e interpretación. Este curso está pensado para aquelas persoas que desexen profundizar na interpretación, empregando as técnicas e ferramentas dunha maneira lúdica ou para os directores de compañías afeccionadas que queiran experimentar e coñecer como poñer en valor os recursos expresivos do actor para empregar no proceso de escenificación con todo o elenco. No curso explicaranse e analizaranse dunha maneira práctica distintos sistemas relativos á construción do personaxe e ao dominio de distintas técnicas expresivas, co uso creativo da voz cantada e do corpo, aplicadas á composición escénica.

    Areta Bolado é actriz e directora da compañía A Panadaría. Premio María Casares polo seu traballo no espectáculo PAN!PAN! Licenciada en Interpretación pola ESAD de Galicia, tamén ten formación en Maxisterio e Dobraxe.

    Óscar Codesido é profesor de Interpretación na ESAD de Galicia e na actualidade actor en El cuello de la jirafa, de Matarile Teatro. Participou en programas internacionais de adestramento actoral realizados por mestres como Tadashi Suzuki, Anne Bogart, Thomas Richards, etc.

  • escénika 2015
  • Do 15/06/2015 ao 25/06/2015
  • Na edición de 2015 a FEGATEA propón realizar dous cursos con docencia compartida por profesorado e egresados da ESAD de Galicia.
  • Na edición de 2015 a FEGATEA propón realizar dous cursos con docencia compartida por profesorado e egresados da ESAD de Galicia.

    Cursos FEGATEA

    Lugar: ESAD de Galicia
    Matrícula: http://fegatea.blogspot.com.es/

    Obradoiro de Intepretación
    Do 15 ao 19 de xuño (30 horas)
    Horario: De 9 a 12h e de 14:30 a 17:30
    Ermel Morales e Vanesa Sotelo.

    Ermel Morales é profesor na ESAD. Coach de actores e actrices para cine e asesor de expresión oral para teatro. Doutor pola Universidad Rey Juan Carlos e membro do equipo de profesorado do centro Fuentes de la Voz.

    Vanesa Sotelo é dramaturga, directora e actriz. Titulada en Dirección escénica, ten traballado para Inversa Teatro, Uttópico Teatro, etc. Gañou varios premios cos seus textos teatrais: Josep Robrenyo, Abrente, Teatro Radiofónico da Radio Galega, etc.

    Obradoiro intensivo dividido en tres módulos: Expresión corporal, voz e interpretación. Este curso está pensado para aquelas persoas que desexen profundizar na interpretación, empregando as técnicas e ferramentas dunha maneira lúdica ou para os directores de compañías afeccionadas que queiran experimentar e coñecer como poñer en valor os recursos expresivos do actor para empregar no proceso de escenificación con todo o elenco. No curso explicaranse e analizaranse dunha maneira práctica distintos sistemas relativos á construción do personaxe e ao dominio de distintas técnicas expresivas, co uso creativo da voz e do corpo, aplicadas aos diversos xéneros, estilos ou formas de representación teatral.

    Obradoiro de Dirección e Escenografía
    Do 22 ao 25 de xuño (30 horas)
    Horario: De 9: a 13:30h e de 15 a 18h
    Tito Asorey e David Mortol.

    Este curso intensivo está pensado para todas aquelas persoas que desexen introducirse dunha maneira integral e totalmente práctica nestas tarefas ou disciplinas da composición escénica, a dirección de actores e actrices e a coordinación do deseño escénico. Neste curso levarase a cabo a concepción da estrutura dramática e as convencións que operan nunha obra ou espectáculo: a acción, o xénero, a caracterización, o ritmo, así como as implicacións que a escrita orixinal ten en elementos de dirección escénica ou produción tales como o vestiario, a escenografía ou a iluminación. O obxectivo principal deste obradoiro é aprender a integrar procedementos e saberes adquiridos para conseguir transmitir ao espectador as sensacións, emocións e o sentido da dramaturxia.

    Tito Asorey. É director e actor de teatro e televisión. Premio María Casares á mellor Dirección polo seu último espectáculo, Perplexo. Ten unha longa experiencia de traballo en distintos colectivos, como o grupo de teatro da ONCE, adolescentes no grupo Tarumba de Ourense, etc.

    David Mortol. É deseñador. Titulado en Escenografía, profesor na ESAD. Combina o seu traballo docente co ámbito da publicidade, posúe experiencia en deseño de escenografía, vestiario e iluminación para teatro, así como de espazos efémeros para feiras e exposicións.

  • escénika 2014
  • Do 23/06/2014 ao 04/07/2014
  • Cursos FEGATEA

    Lugar: ESAD de Galicia
    Matrícula: http://fegatea.blogspot.com.es/

    “Obradoiro de Intepretación, expresión corporal e canto” · Profesorado da ESAD de Galicia
    Do 23 ao 27 de xuño (30 horas)

    Obradoiro intensivo dividido en tres módulos: Expresión corporal, voz e interpretación. Este curso está pensado para aquelas persoas que se adiquen á interpretación dunha maneira lúdica e afeccionada ou para os directores de compañías afeccionadas que queiran experimentar e coñecer ferramentas expresivas do actor para empregar no proceso de escenificación con todo o elenco. No curso explicaranse e analizaranse dunha maneira práctica distintas técnicas relativas á construción do personaxe e ao dominio de distintas técnicas expresivas, co uso creativo da voz e do corpo, aplicadas aos diversos xéneros, estilos ou formas de representación teatral.

    Sergio Macías. Licenciado en Interpretación pola R.E.S.A.D. en Madrid. Actor e director. Entre as últimas interpretacións figuran El balcón, de Jean
    Genet; Los cuernos de Don Friolera; Desventuras conyugales de Bartolomé
    Morales, de Ruzante e Romance de lobos. Traballou para o Teatro Español e para a Fundación Los Goliardos con Ángel Facio. Como director, puxo en escena ¿Por qué no dan sirope las acacias?, de Luis Araújo; La posadera, de Carlo Goldoni; Casi Clerks, segundo Kevin Smith, para o Teatro Cervantes de Valladolid, Hamlet en el espejo, para o Festival de La Habana (Cuba) ou Yo no soy el rey Lear, no VII Congreso Mundial de Shakespeare de Valencia. Actualmente, profesor de Interpretación na ESAD de Galicia.

    Marion Sarmiento Vallverdú. Posúe o Título Superior de Pedagoxía Musical, o Diploma Pedagóxico de Educación Musical Willems, o “Postgrau en Intervenció Logopèdica en els trastorns de la veu” da Universitat Ramón Llull e o “Máster en Creación e Interpretación Musical” da Universidad Rey Juan Carlos. É ademais directora de coros e cantante. Colabora asiduamente co Coro Casa da Música de Porto e é profesora da ESAD de Galicia.

    Alicia Corral. Licenciada en Interpretación Xestual polo Institut del Teatre de Barcelona. En 2009 recibiu un Premio aos estudos de Perfeccionamento polo seu proxecto Living Movement/Eurythmy. Actualmente é profesora de mimo e Interpretación xestual na ESAD de Galicia.


    “Obradoiro de Dirección escénica” · Profesorado da ESAD
    Do 30 de xuño ao 4 de xullo (30 horas) (9:00 a 11:30 – 12:00 a 14:30 – 17:00 a 19:30)

    Este curso intensivo está pensado para todas aquelas persoas que desexen introducirse dunha maneira integral e totalmente práctica nestas tarefas ou disciplinas da creación escénica. Neste curso levarase a cabo a concepción da estrutura dramática e as convencións que operan nunha obra ou espectáculo: a acción, o xénero, a caracterización, o ritmo, así como as implicacións que a escrita orixinal ten en elementos de dirección escénica ou produción tales como o vestiario, a escenografía ou a iluminación. O obxectivo principal deste obradoiro é aprender a integrar procedementos e saberes adquiridos para conseguir transmitir ao espectador as sensacións, emocións e o sentido da escrita escénica.

    Julián Herrero. É Doutor e licenciado en Dirección Escénica pola ESAD de Murcia. Máster en Artes do Movemento pola UCAM. Na década dos 70 traballou como actor e director no Teatro Independente (Akelarre, Ensayo Uno, Denok) e estudou con William Layton, Julio Castronuovo e Miguel Garrido. Seguiu o ensino do Odin Teatret de Dinamarca. Participou en tres edicións do International School of Theatre Anthropology. Traballou como profesor da Escola Municipal de Teatro de Albacete e como actor en Faunus Teatret e Teater Klan de Copenhague. Estudou o Wayang Topeng en Bali e o Buyo-Kabuki no Xapón. Impartiu numerosos cursos e másters en España, Francia e Dinamarca. En 1984 fundou Teatro Fénix, compañía na que leva dirixidos 27 espectáculos ata hoxe.
  • Programa escénika 2014
  • escénika. Campus Internacional de Verán 2013
  • Do 25/06/2013 ao 12/07/2013

  • Programa escénika 2013
  • Solicitude de inscrición
  • Obradoiro de Intepretación, expresión oral e corporal
    Profesorado da ESAD
    Do 1 ao 4 de xullo (30 horas) (9:00 a 11:30 – 12:00 a 14:30 – 17:00 a 19:30)

    Obradoiro de Dirección escénica e Dramaturxia
    Profesorado da ESAD
    Do 8 ao 11 de xullo (30 horas) (9:00 a 11:30 – 12:00 a 14:30 – 17:00 a 19:30)

    Iluminación para teatro e danza
    Luis Perdiguero
    Do 25 ao 28 de xuño (20 horas) (16:00h a 21:30h)

    Teatro e saúde. A pedagoxía da coraxe
    Liana Vella
    Do 25 ao 28 de xuño (12 horas) (11:30h 14:30h)

    Clown
    Hernán Gené
    Do 1 ao 5 de xullo (20 horas) (10.00h a 14.00h)

    O escenógrafo, creador de espazos semánticos
    Curt Allen Wilmer e Leticia Gañán
    Do 1 ao 5 de xullo (20 horas) (16:00h a 20:00h)

    Introdución ao guión para televisión
    David Plana
    Do 1 ao 5 de xullo (20 horas) (10:00h a 14:00h)

    A técnica Michael Chéjov. Unha iniciación á imaxinación
    Núria Badía
    Do 8 ao 12 de xullo (20 horas) (10:00h a 14:00h)

    ----

    Prezos dos cursos
    Xeral: 75 €
    Alumnado ESAD: 50 €
    Curso
    Teatro e saúde. A pedagoxía da coraxe: 15 €

  • escénika. Campus Internacional de Verán 2012
  • Do 11/06/2012 ao 06/07/2012

  • Programa escénika 2012
  • Teorías e técnicas do teatro social e comunitario
    Anna Carla Bosco
    Do 11 ao 14 de xuño (12 horas) 17:00 h. a 20:00 h.
    15 €

    Obradoiro de teatro
    Profesorado da ESAD de Galicia
    Do 2 ao 5 de xullo (30 horas): 9:00 h. a 11:30 h. – 12:00 h. a 14:30 h. – 17:00 h. a 19:30 h.
    Xeral: 75 € · Alumnado ESAD: 50 €

    O actor e o ensemble: elenco e complicidade
    Jeremy James
    Do 25 ao 29 de xuño (25 horas): de 09:30 h. a 14:30 h.
    Xeral: 75 € · Alumnado ESAD: 50 €

    Teatro e desenvolvemento persoal
    Ermel Morales e Manuel F. Vieites
    Do 25 ao 29 de xuño (20 horas): de 16:30 h. a 20:30 h.
    15 €

    A narración escénica: actor e director
    Eduardo Vasco
    Do 2 ao 4 de xullo (21 horas): de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.
    Xeral: 75 € · Alumnado ESAD: 50 €

    Aproximación a unha práctica escénica entre a luz e a sombra
    Carlos Marquerie
    Do 2 ao 6 de xullo (20 horas): de 16:30 h. a 20:30 h.
    Xeral: 75 € · Alumnado ESAD: 50 €

  • escénika. Campus Internacional de Verán 2011
  • Do 26/05/2011 ao 15/07/2011

  • Programa escénika 2011
  • A dirección de actores. Traballo a partir de Hamlet de Shakespeare
    Alfredo Padilla
    Do 11 ao 15 de xullo (20 horas): de 16h30 a 20h30

    Deseño escenográfico
    Paco Azorín
    Do 11 ao 15 de xullo (20 horas): de 10h00 a 14h00

    Taller intensivo de corpo e xesto I: O corpo creativo
    Xela Marx
    27 e 28 de xuño (15 horas): 10h00-14h30 / 16h00-19h00

    Taller intensivo de corpo e xesto II: Danza para actores
    Fernando Lázaro
    29 e 30 de xuño (15 horas): 10h00-14h30 / 16h00-19h00

    Taller intensivo de corpo e xesto III: Curso de iniciación ao clown
    Carlos Sante
    4, 5 e 6 de xullo (15 horas): 10h00-14h00 / 15h00-16h00

    A voz vibrante (Roy Hart)
    Carol Mendelsohn e Núria Inglada
    Do 4 ao 8 de xullo (20 horas): 16h30-20h30

    Taller de teatro
    Profesorado da ESAD de Galicia
    Do 27 de xuño ao 8 de xullo (30 horas · 7 h 1/2/módulo): 10h00-14h00

  • escénika. Campus Internacional de Verán 2010
  • Do 19/05/2010 ao 15/07/2010

  • Programa escénika 2010
  • Cabaret.
    Ángel Burgos e Luis Santamaría (coreógrafo axudante).
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 28 de xuño ao 2 de xullo (20 horas) Horario: de 10h00 a 14h00. 75 €.

    Interpretación, técnica Earle Gister.
    Moisés Morales.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 28 de xuño ao 2 de xullo (20 horas) Horario: de 16h00 a 20h00. 50 €.

    O rito corporal no teatro. Danza para actores.
    Arnold Tarraborelli.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 5 ao 9 de xullo (20 horas) Horario: de 10h00 a 14h00. 50 €.

    Iluminación no teatro e na danza. Sólido, líquido, gaseoso.
    Baltasar Patiño.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 5 ao 9 de xullo (20 horas) Horario: de 16h00 a 20h00. 50 €.

    Taller de teatro.
    W. Staniewski (3 docentes).
    VIGO (ESAD de Galicia).
    12, 13 e 14 de xullo (15 horas)  75 €.
    Horario: de 11h00 a 14h00 e de 15h00 a 17h00.

    Curso de teatro Kathakali.
    Compañía Teatro Tascabile di Bergamo.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 12 ao 15 xullo (20 horas) Horario: de 17h00 a 21h00. 75 €.
    > Espectáculo de Kathakali: 15 xullo (21h00) na Sala Pedra Seixa da ESAD.

  • escénika. Campus Internacional de Verán 2009
  • Do 29/06/2009 ao 17/07/2009

  • Programa escénika 2009
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS