ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ACTIVIDADES
  • IV Premio “PEGADA” de Teatro Radiofónico
  • Do 21/02/2017 ao 21/03/2017
  • A ESAD de Galicia, desde o seu Servizo de Dinamización Lingüística, desexa promover a creación dramática en galego, no formato do teatro radiofónico, contribuíndo así á recuperación do formato de radio-teatro en Galicia. Farao en colaboración coa  Axencia Galega das Industrias Culturais. A entrega do premio terá lugar no Día Mundial do Teatro 2017, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

    Prazo de admisión: Ata o día 21 de marzo de 2017
    Premio: 200 €

    BASES
    1ª. Poderán participar todas as persoas interesadas no premio.

    2ª. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións. Deberan estar libres de todo compromiso anterior con emisoras de radios, televisións, editoriais ou entidades semellantes.

    3ª. Os traballos adoptarán o formato de guión radiofónico dramático. Estarán calculados para que a súa duración en antena sexa de dez minutos como máximo e mínimo de cinco minutos. As persoas que participen poderán utilizar, coas indicacións pertinentes, cantos recursos radiofónicos consideren necesarios para que o texto sexa realizado de maneira axeitada: música, planos sonoros, efectos etc. O director ou directora das dramatizacións radiofónicas poderá facer as adaptacións necesarias para a súa realización e emisión.

    4ª. Non se admitirá máis de un guión por participante e de cada obra presentarase tres orixinais. O concurso rexerase polo sistema de plica. En sobre pechado as persoas que participen deberán facer constar o seu nome, apelidos, DNI, enderezo postal e número de teléfono. Os traballos faranse chegar á secretaría da ESAD de Galicia, sita en R/ Poza Cabalo s/n 36212 Vigo. Conservaranse durante un mes a partir da data en que se faga publica a resolución do xurado e despois destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores/as.

    O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 21 de marzo de 2017.


    5ª. Os argumentos das obras serán de temática libre.

    6ª. O xurado estará integrado por profesorado da ESAD de Galicia. O xurado valorará especialmente, ademais da calidade dramática, a calidade sonora na concepción do texto, o risco da proposta e as súas resolucións do espazo sonoro, así como valorar tamén o emprego da lingua galega: corrección e/ou adecuación, riqueza, oralidade, vitalidade e creatividade.

    7ª. Os autores/as premiados/as e finalistas ceden á ESAD de Galicia os dereitos de comunicación pública, reprodución e distribución precisos para a posta en antena da obra.

    8ª. O xurado escollerá entre as obras presentadas un premio único dotado con 200 euros, aos que se engade un lote de libros teatrais doados a tal fin pola Axencia Galega das Industrias Culturais. O xurado poderá outorgar tamén un accésit dotado con outro lote de libros teatrais. O xurado reservase a facultade de declarar deserto o premio convocado.  

    9ª. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.

    10ª. O feito de concursar supón a aceptación destas bases.

  • IV Premio "PEGADA" Teatro Radiofónico
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS