ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ACTIVIDADES
  • PQ 2015
  • Do 18/06/2015 ao 28/06/2015
  • Cuadrienal de Praga 2015 (XIII Edición)
    Desde a súa inauguración en 1967 esta exposición ven presentando o traballo dos cinco continentes nas disciplinas de deseño de vestiario, escenografía, iluminación e de son, así como arquitectura teatral. En total cerca de 70 países e rexións mostrarán os seus traballos en múltiples espazos no centro histórico de Praga. Serán 11 días de actividade, con máis de 500 eventos en directo: conferencias, obradoiros, lecturas e performances, en cen espazos diferentes, xunto a 5.000 profesionais internacionais do teatro, como por exemplo o canadense Robert Lepage.

    Participación española na Cuadrienal de Praga 2015
    O pasado mes de marzo o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte presentou no Teatro María Guerrero do Centro Dramático Nacional (Madrid) a participación española na Cuadrienal de Praga 2015, o certame máis importante do mundo dedicado á escenografía e á arquitectura teatral que, baixo o lema “Espazo compartido: Música, clima e política”, terá lugar entre os días 18 e 28 de xuño próximos.

    Pavillón de escolas: Vigo, Madrid, Sevilla e Córdoba
    O pavillón español de estudantes na Cuadrienal, que este ano estará instalado na Casa de Kafka, acollerá o traballo conxunto de alumnado e profesorado das catro escolas oficiais españolas de arte dramática con departamentos de escenografía: Vigo, Madrid, Sevilla e Córdoba. Unha proposta presentada a modo de dispositivo de interacción, un espazo envolvente con unha gran carga lúdica, que invitará ao visitante a facer unha viaxe ao interior da mente dun deseñador escenográfico, seguindo as distintas etapas que levan desde as primeiras impresións sensoriais ata a concreción material sobre un escenario”.

    +INFO:
    https://www.facebook.com/escenografia.esadgalicia
    https://www.facebook.com/spanishstudentsPQ2015

  • Dossier PQ 2015
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS