ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ACTIVIDADES
  • O MUNDO PERSISTENTE (2015/2016)
  • Do 23/11/2015 ao 19/06/2016
  • O mundo persistente, con dramaturxia de Fernando Epelde e dirección de Tito Asorey.

    SINOPSE
    Vinte minutos no Mundo Persistente equivalen a un día no mundo real e no espazo entre estas dúas medidas acontecen as vidas dos mozos protagonistas desta historia, que adoitan falar sempre entre eles enmarcados en pantallas, sen comparti espazos físicos. O Mundo  Persistente é tamén un termo do campo dos videoxogos co que se da nome aos universos virtuais que sobreviven en ausencia do xogador.

    Así que… agora, para estes mozos, o Mundo Persistente supón a única alternativa interesante fronte a un mundo exterior obsoleto e superado. Todo parece non ter bordos neste mundo e, por riba, as cousas flúen sen perturbacións nos videoxogos, até que un destes mozos enferma e a mesmísima morte -­unha morte  de píxeles,  aínda  que morte ao fin e ao cabo-­ fai acto de presenza para propoñerlle un pequeno paseo a través do mundo real na compaña dos seus amigos. Un paseo para alguén que xamais camiñou.

    Representacións
    1 de xuño (estrea), 2, 3* e 4 de xuño
    /// 21.00

    5 de xuño
    /// 18.00

    *Á función do venres 3 seguirá un encontro entre o equipo artístico e os espectores.
    +INFO: http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/avisos/aviso.php?id_aviso=428

    Salón Teatro
    Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela
    Teléfono: 981581111

    -------------------------------------------------
    8 de xuño - 11 de xuño
    /// 21.00
    Teatro Nacional São João (Porto)
    Teatro Carlos Alberto TeCA

    12 de xuño
    /// 16.00
    Teatro Nacional São João (Porto)
    Teatro Carlos Alberto TeCA

    -------------------------------------------------
    15 de xuño
    /// 19.30
    Teatro Nacional Dona Maria II (Lisboa)
    Sala Estudio

    16 de xuño - 18 de xuño
    /// 21.00
    Teatro Nacional Dona Maria II (Lisboa)
    Sala Estudio

    19 de xuño
    /// 16.30
    Teatro Nacional Dona Maria II (Lisboa)
    Sala Estudio

  • Dossier proxecto
  • EQUIPO DE TRABALLO
    Elenco

    Tamara Urbano Barja (ESADg)
    Germán Álvarez Martínez (ESADg)
    Joao Cachola (ESTC)
    Vicente Wallenstein (ESTC)
    Marta Dias (ESMAE)
    Hugo Olim (ESMAE)

    Escenografía: Miguel Costa (ESMAE)
    Vestiario: Sofia Rodrigues (ESTC)
    Iluminación: Jose Manuel Faro González (ESADg)

    Rexiduría: Mariana Silva (ESMAE)
    Axudante de dirección: Javier Lojo (ESADg)

    Dramaturxia: Fernando Epelde
    Dirección: Tito Asorey
     
     

  • PROXECTO NÓS – TERRITORIO (ES)CÉNICO PORTUGAL GALICIA
  • Do 29/01/2015 ao 07/06/2016
  • O Proxecto NÓS é a base dun conxunto de sinerxias entre Portugal e Galicia. Investir nas relacións entre as dúas culturas significa investir no futuro. Este é, por iso, un proxecto de cooperación entre as tres escolas nacionais de teatro: a Escola Superior de Teatro e Cinema (ESTC) do Instituto Politécnico de Lisboa, a Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo (ESMAE) do Instituto Politécnico do Porto e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) en Vigo; e os tres teatros nacionais (Teatro Nacional D.Maria II, Teatro Nacional São João e Centro Dramático Galego) para crear condicións de produción nacional tendo prevista a circulación profesional de alumnos portugueses e galegos. Xerando redes artísticas e de creación desde o proceso mesmo de formación.

    +info: http://cultura.xunta.es/gl/nova/1913

    Neste marco haberá dous espectáculos distintos en Portugal e en Galicia, nen dúas edicións, a primeira en Portugal, en 2015, e a segunda en Galicia, en 2016. En cada unha delas particiaprá un total de nove alumnos de interpretación, das especialidades técnicas e de dirección de escena da ESAD de Galicia, a ESAMAE e a ESTC. Cada centro achegará tres alumnos, e ao equipo resultante de estudantes sumaranse un director e un dramaturgo profesionais. O proxecto será desenvolto en dúas edicións, a primeira delas, Bilingue, decorrerá en 2015 e a segunda en 2016.



  • BILINGUE (2014/2015)
  • Do 03/06/2015 ao 21/06/2015
  • BILINGUE, un espectáculo de José Maria Vieira Mendes e Pedro Zegre Penim

    3-7 xuño Teatro Nacional Dona María II (Lisboa) www.teatro-dmaria.pt
    10-14 xuño Teatro Carlos Alberto (Porto) www.tnsj.pt
    17-21 xuño Salón Teatro CDG (Santiago de Compostela) www.centrodramatico.org
  • Texto: José Maria Vieira Mendes
    Dirección: Pedro Zegre Penim
    Escenografía: Lucas Rodrigo (ESADG)
    Figurinos: Cláudio Alves (ESTC)
    Deseño de luz: João Abreu (ESMAE)
    Asistencia de dirección: Marc Xavier (ESTC)
    Rexiduría: Luísa Osório (ESMAE)
    Interpretación: Ailén Kendelman Mouzo e Sabela Ramos Candedo (ESADG); Ana Tang e Frederico Serpa (ESTC); Diana de Sousa e Mariana Magalhães (ESMAE).


    Entidades colaboradoras: Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II – Lisboa), Teatro Nacional São João (TNSJ – Porto), Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC – Galicia), Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia/ Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD GALICIA – Vigo), Instituto Politécnico do Porto (IPP)/Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo (ESMAE - Porto), Instituto Politécnico de Lisboa (IPL)/Escola Superior de Teatro e Cinema (ESTC - Lisboa)

FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS