ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ACTIVIDADES
  • 'ESAD de Galicia, fóra de portas'
  • Do 18/05/2016 ao 26/05/2016
  • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no décimo aniversario da súa creación, da unha maior visibilidade ao traballo do seu alumnado amosándollo á cidade de Vigo.

    "ESAD de Galicia, fóra de portas" é un programa que nace co desexo de xerar sinerxías coa cidade e contribuír ao contexto cultural de Vigo. Para iso a Sala Artika ofrécenos, coa súa colaboración, unha oportunidade única de abrir vías de aprendizaxe e intercambio. Nesta primeira edición do programa fóra de portas amosamos dous obradoiros integrados de cuarto curso de dirección e dramaturxia, escenografía e interpretación textual e xestual, “O exilio das moscas” e “Teño o demo no corpo”. Tamén amosamos a mostra de interpretación textual “Fabricando anxos”.

    Para a ESAD de Galicia é unha honra amosar unha pequena parte do noso traballo na Sala Artika, que oferta con coraxe e profesionalidade un espazo e unha programación necesarios na nosa cidade.

    A entrada aos espectáculos é de 2€.
    O mércores 25 será gratuíta presentando o carné da escola.

    PROGRAMACIÓN:

  • Cartel
  • 'Exilio das moscas'
  • Do 18/05/2016 ao 18/05/2016
  • Sinopse
    A vida media dunha mosca corrente vai dos 15 aos 25 días. Nese tempo é imposíbel que establezan un fogar, que conformen unha familia, que creen vencellos cos que enraizarse á súa orixe. O único posíbel é voar e voar cara a ningures coma expatriadas dunha Ítaca á que xamais volverán regresar. “Exilio das moscas” é o resultado dun proceso de creación colectiva que os alumnos de cuarto curso das especialidades de Interpretación Xestual, Dirección Escénica e Dramaturxia desenvolveron nun obradoiro integrado neste último ano da súa formación na ESAD de Galicia.

    18 de maio · 20:00 h.
    Tempo aproximado: 1 h. e 10 m.

  • Elenco
    Germán Gundín, Sonsoles Cordón, Dunia Díaz e Guillermo Lago.
    Dirección
    César No.
    Dramaturxia e son
    Ernesto Is.
    Iluminación
    Germán Gundín e César No.
    Titores
    Zaida Gómez, Afonso Becerra e Julián Herrero.
    Mención especial
    Dionina Rodríguez.

  • 'Teño o demo no corpo'
  • Do 19/05/2016 ao 19/05/2016
  • Sinopse
    Eu, nin muller nin home. Sen ti non sei o que son. Teño unha muller no corpo. Teño o pecado no corpo. Teño o demo no corpo... Unha viaxe arredor das relacións humanas e os vínculos de interdependencia, onde cada espectador poderá descubrir os seus propios tabús e obsesións reflexados na escena. Un espectáculo resultado da integración do alumnado de cuarto curso de Interpretación Xestual e Dramaturxia.

    19 de maio · 20:00 h.
    Tempo aproximado: 45 m.


  • Elenco
    Deusa Pérez, Belén Bouzas, Merche Pérez e Pablo Bello.
    Dramaturxia, dirección e son
    María Villanueva.
    Titores
    Trini Díaz e Ana María Fernández.

  • 'Fabricando anxos', de Trini Díaz
  • Do 25/05/2016 ao 26/05/2016
  • Sinopse
    Baseada nunha historia real acontecida nos anos trinta, un grupo de mulleres son interrogadas acusadas de matar aos seus maridos...

    25 de maio · 17:00 h. (sesión pechada para a comunidade educativa)
    26 de maio · 20:00 h.
    Tempo aproximado: 1 h. e 15 m.

  • Elenco
    Raquel González, Laura Quintás, Nola Vázquez, Bruna Almeida, Alba Outeda, Ana Sofía Monteiro, Gabriela Álvarez, Merche Pérez, Damián Villalaín, Aarón Torralba e Damián Contreras.
    Dirección
    Damián Contreras
    Deseño iluminación
    Pablo Calvo
    Técnico de luz e son
    Pablo Calvo

  • AGRADECEMENTOS
    A Beba, a Nuria Montero e demais profesores da ESAD de Galicia, a IES Audiovisual de Vigo, AVAFT Rías Baixas e ao CDG.
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS