ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ACTIVIDADES
  • Proxecto 'Castelao 1921'
  • Daniel Castelao permaneceu en París no ano 1921, durante cinco meses, para coñecer a arte e os movementos culturais que nesa época facían da cidade a capital europea das artes. Fíxoo durante unha viaxe de estudos que o levou por Francia, Bélxica e Alemaña. Durante a súa estadía en París, frecuentou os teatros da capital francesa e asistiu ás representacións do Theatre de Chauve-Souris (o Teatro do Morcego). Castelao definiu dito teatro coma un teatro “novo e orixinal” que destacaba pola súa “estilización de todo: parola, música, mímica, pintura, danzas”. O Teatro do Morcego era un teatro cómico, con vocación popular, cousa que o interesou vivamente, tanto que decidiu “faguer algo disto na primeira ocasión alá na nosa terra”. Así, Castelao foi imaxinando dez cadros onde están presentes o humor, a danza, a música e o canto e a intervención escenográfica.

    Un século máis tarde do seu deseño primixenio, atrevémonos a pór en pé o Proieuto de teatro galego ó xeito do da “Chauve Sourris”. A proposta artística corre a cargo do alumnado de dirección e dramaturxia, escenografía e interpretación de primeiro da ESAD de Galicia acompañado e guiado polo profesorado. Nela, utilízanse diferentes espazos do Sexto Edificio e do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, nun percorrido para describir os nove cadros imaxinados por Castelao.

    Na ESAD de Galicia, propoñémonos dar vida a eses nove cadros imaxinados por Castelao, respectando a súa idea primixenia mais tentando insuflar a sensibilidade artística contemporánea a ditos cadros. Este é o punto de partida de Castelao 1921. Partindo da aprendizaxe do mestre Castelao, o alumnado crea un espectáculo cheo de imaxes, de fragmentos, de sentimentos plasmados, de sensacións, isto é, de pura poética visual. Aquí non ides atopar unha historia, nin uns personaxes ao uso. Tan só o punto de partida do artista, o inicio do camiño, desenvolto por unha nova xeración de creadores e creadoras galegos, que, ao igual que pretendía Castelao na súa viaxe europea, queren atopar un equilibrio entre as nosas raíces culturais, e as novas tendencias artísticas actuais.

    >> Ver as fotos do proxecto
  • Programa
  • PROFESORADO
  • En Castelao 1921, participan tres departamentos didácticos da ESAD de Galicia a se coordinar para levar a cabo o proxecto: 

    DEPARTAMENTO DE ESCENOGRAFÍA
    David Mortol. Coordinación do deseño de espazo escénico.
    Alejandra Montemayor (iluminación).
    Carlos Pinilla (vestiario).

    DEPARTAMENTO DE DIRECCIÓN E DRAMATURXIA

    Afonso Bercerra. Coordinación da dramaturxia.

    DEPARTAMENTO DE INTERPRETACIÓN

    Ricardo Solveira. Coordinación de interpretación xestual.
    Beba Gayoso (danza).
    Marión Sarmiento (canto).

  • ESTRUTURA DA PEZA
  • PERCORRIDO A REALIZAR. CADROS. REPARTO

    Respectando a estrutura en cadros que propón Castelao, facemos un percorrido por nove espazos que comezan no Edificio Sarmiento, continúa no Sexto Edificio e remata na entrada do museo. Son, polo tanto, nove cadros para nove espazos, nos que descubrir o museo, visitado polos personaxes que hai un século ideou Castelao.

    1. Cadro 2. Campana de Anllóns.

    Espazo. Edificio Sarmiento. Baixo, a carón do piano.
    Reparto: Francisco Díaz, Irene Vicente, Jenifer Vilar, Manuel Reirís.
    Escenógrafa: Yanina Curríes Chaín.
    Director/a. Cristina Collazo e Davide Lorenzo

    2. Cadro 7.  A vaca e o can.

    Espazo: Edificio Sarmiento. Planta 1. Claustro. Sala de “Poboados e Casa Circulares”.
    Reparto: Abraham Perez, Ainhoa Martínez, Raquel García y Miguel Romero.
    Escenógrafa: Olalla Suárez Ladero.
    Director/a Diego Quintela e Amanda Hermida.

    3. Cadro  8. Unha noite na eira do trigo.

    Espazo: Edificio Sarmiento. Planta 1. Claustro. Patio Interior.
    Reparto: Raúl Pérez, Noelia Porto, Yolanda Lorenzo e Iván Márquez.
    Escenógrafa: Ana Dolores Valebona Refojos
    Director/a Alba Muñoz da Gloria, Graciela Carlos costas

    4. Cadro 6. O planto.

    Espazo: Edificio Sarmiento. Planta 1. Claustro. Sala “Chegaron do Leste”.
    Reparto: Francisco Díaz, Irene Vicente, Jenifer Vilar, Manuel Reirís
    Escenógrafa: Yanina Curríes Chaín
    Director/a. Davide González e Cristina Collazo

    5. Cadro 4. Romance de Cego.

    Espazo: Edificio Sarmiento. Escadas de pedra.
    Reparto: Abraham Perez, Ainhoa Martínez  y Miguel Romero.
    Escenógrafa: Olalla Suárez Ladero.
    Director/a. Diego Quintela e Amanda Hermida

    6. Cadro 1. O acordeón.

    Espazo: Planta 2. Edificio Sarmiento. Corredor cara o Sexto Edificio
    Reparto: Carmela García, Manuel Reirís.
    Escenógrafa: Violeta Martínez Rivera.
    Director/a. Diego Rey e Andrea Rodríguez

    7. Cadro 5. O Orfeón.

    Espazo: Planta 3. Sexto Edificio. Cafetería.
    Reparto: David Rodas, Francisco Díaz, Raquel García, Manuel Reirís.
    Escenógrafa: Blanca Trillo Alba
    Director/a. Fiz Patiño

    8. Cadro 3. Os soldadiños.

    Espazo: Sexto Edificio. Planta 3. Sala “Laxeiro”.
    Reparto: Raúl Pérez, Yolanda Lorenzo, Noelia Porto e Iván Márquez.
    Escenógrafa: Ana Dolores Valebona Refojos
    Director/a. Alba Muñoz Da Gloria e Graciela Carlos Costas

    9. Cadro 9. Cantos de rexouba.

    Espazo: Entrada do museo. Exterior.
    Reparto: Carmela García, Abraham Perez, Jenifer Vilar, David Rodas e outros.
    Escenógrafa: Violeta Martínez Rivera e Blanca Trillo Alba.
    Director/a Diego Rey e Andrea Rodríguez
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS