ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ESAD | Benvida
  •  
  • A NOSA ESCOLA
  •  
    •  
    • BENVIDA
    •  
    • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia é un centro superior de ensinanzas artísticas de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Como tal ofrece as titulacións propias dos estudos superiores de arte dramática nas especialidades de Interpretación, Dirección de escena, Dramaturxia e Escenografía.
      •  
      • MISIÓN
      •  
      • O propósito da ESAD, como centro público de ensino superior, consiste en ofrecer unha educación teatral especializada e de calidade nas vertentes artística, humanística e científica, e nas dimensións práctica, tecnolóxica e teórica, facilitando o tránsito á vida activa do seu alumnado e potenciando que manteñan no seu comportamento profesional e persoal unha actitude de colaboración e respecto ante os seus semellantes, así como ante o seu contorno sociocultural e o medio ambiente.
        •  
        • VISIÓN
        •  
        • A Escola Superior De Arte Dramática de Galicia ten por vocación ser un centro educativo de referencia no seu contorno, contribuíndo á mellora da competencia académica, artística e profesional dos traballadores e traballadoras das artes escénicas, creando e mantendo unha imaxe coidada e de prestixio, e potenciando unha relación fluída e de cooperación coa sociedade en xeral e coas empresas, institucións, asociacións e entidades máis relacionadas coa súa actividade diaria, desenvolvendo cantas iniciativas lle permitan acadar os seus obxectivos.
          •  
          • CALIDADE
          •  
          • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, en función da súa inminente entrada no Espazo Europeo de Educación Superior, vén desenvolvendo un proceso orientado á posta en marcha dun Sistema de Garantía Interna de Calidade coa finalidade de establece,r nos ámbitos da xestión, nos procesos de ensinanza e de aprendizaxe e nas súas liñas de investigación e de creación, políticas de calidade orientadas á prestación adecuada e con criterios de excelencia dos servizos que lle son propios.
            •  
            • LINGUA
            •  
            • A ESAD de Galicia como centro público de ensino dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten a obriga de cumprir co establecido na Lei 3/1983 de Normalización Lingüística e coas disposicións e normativas que a desenvolven. A lingua vehicular nos procesos de ensinanza e aprendizaxe será a lingua galega, sen prexuízo de que se utilicen outras linguas en función da natureza dos contidos a tratar. A comunidade escolar da ESAD asume o compromiso de apostar decididamente pola promoción da lingua galega nos procesos de expresión, creación e comunicación escénica. Sempre a través dos mecanismos que se establecen no Proxecto Educativo e no Proxecto Curricular da Escola.
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS