ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




PROGRAMACIÓN
  • TRABALLOS FIN DE ESTUDOS
  • Co apoio nas traducións ao galego do Departamento de Dinamización Lingüística da ESAD de Galicia
  • CURSO 2015/2016

  • 'Fausto', de Christopher Marlowe
  • Traballo Fin de Estudos de Montserrat Piñeiro Torres e Laura Romero Iturralde (Escenografía)
    Titora: Alejandra Montemayor.

    Presentación
    9 de decembro ás 18:00 h. na P4.

    Defensa
    15 de decembro ás 18:30 h. na Sala de Xuntas.

    Tribunal
    Presidente: David Mortol
    Secretaria: Carmen Romero
    Vogais: Carlos Pinilla, Almudena Pérez e Nùria Inglada.

    Sinopse
    Fausto é un home atormentado pola sede de coñecemento, a cal o levará a vender a súa alma a cambio de vintecatro anos de desenfreno, depravación, escándalo e vida libertina. Mais o seu deleite tamén terá un prezo, a condenación eterna. Esta proposta escénica baséase no orixinal de Marlowe para situalo no parque vigués de Castrelos, ofrecendo ao público un espectáculo no que o espazo escollido xoga un papel clave.
  • 'Os contos da Roxa'
  • Do 04/12/2015 ao 11/12/2015
  • Traballo fin de carreira de Carlos A. Vidal Puga (Dirección de escena).
    Titor: Dani Salgado.

    Presentación
    4 de decembro ás 19:30 h. na P4

    Defensa
    11 decembro


    Tribunal
    Presidenta: Nuria Montero
    Secretaria: Mariana Carballal
    Vogais: Nuria Inglada, Marión Sarmiento e Joan Giralt.

    Sinopse
    Os contos da Roxa é unha recopilación de vellas historias e cancións. Petiscos narrativos e musicais, vellos romances, cancións tradicionais, poemas e contos de lobos e de meigas que proveñen da literatura oral ou escrita do norte da peninsula Ibérica. O traballo ten como base os materiais sonoros, en alianza co canto feminino e unha escritura músical propia do trio bretón Roxina. As proxeccións de audio- visuais e os xogos de luz dan forma este espectáculo fóra do tempo onde historias fantásticas transforman homes en lobos ou ao diaño en cabra tola...

  • Elenco
    Morgane Le Cuff, Thibaut Carrer e Vincent Valente.

    Dramaturxia
    Carlos A. Vidal e trio Roxina (
    a partir de contos tradicionais).

  • 'Illa Ollo', de Manuel Lourenzo
  • Do 17/11/2015 ao 18/11/2015
  • Traballo Fin de Estudos de Roi Vidal Ponte (Dirección de escena).
    Titor: Afonso Becerra.

    Presentación
    17 de novembro ás 18:00 h. na P4.

    Defensa
    18 de novembro ás 16:00 h. na Sala de Xuntas.

    Tribunal
    Presidenta: Nuria Inglada.
    Secretario: Dani Salgado.
    Vogais: Joan Giralt, Damián Villalaín e Óscar Codesido.

  • Reparto
    Gustavo Fouce
    Simón Piñón

  • 'A noite xusto antes dos bosques', de Bernard-Marie Koltès
  • Do 14/10/2015 ao 15/10/2015
  • Traballo Fin de Estudos de Adrián Ríos (Interpretación).
    Titor: Ricardo Solveira.

    Presentación
    Mércores 14 ás 19:00 h. na Sala Pedra Seixa.

    Defensa
    Xoves 15 ás 16:00 h. na Sala de Xuntas.

    Tribunal
    María Crespo, Ermel Morales, Santiago Prego, Cristina Domínguez e Carmen Abizanda.

    Sinopse
    O protagonista, un "estraño", resístese a aceptar a realidade dos feitos. Na noite, pouco despois de ser roubado e maltratado, aborda a un descoñecido para pedirlle que o escoite, compartir un cuarto, mostrarlle a súa angustia, os seus problemas e facelo partícipe dos seus imposibles plans de liberación e vinganza. Procura continuas estratexias para que o receptor fique con el e atenda ao seu discurso. Nel circula de xeito impetuoso a esperanza depositada nun futuro que a todos se nos antolla acadar e no que, sobre unha linguaxe áspera, se pon de manifesto a súa insoportable soidade e o desprezo que sinte por aqueles que o rexeitan.


  • Reparto
    Adrián Ríos

    Deseño de iluminación e técnico
    Fran Soaje
    Fotografía e vídeo
    J. Pablo Pintor (Incongo Art)
    Deseño gráfico
    Marielvy Martínez
    Vestiario
    Aurín
    Produción
    Arre Vento Teatro



FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS