ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




PROGRAMACIÓN
  • OBRADOIROS INTEGRADOS
  • A formación na arte dramática require da experiencia con procesos de creación de espectáculos. Denominamos Obradoiros integrados aos proxectos educativos que asumen o proceso completo de creación e exhibición espectacular por parte do alumnado de 4º curso das tres especialidades:

    - Dirección escénica e dramaturxia
    - Interpretación
    - Escenografía

    Os textos que precisan tradución ao galego, fanse co apoio do Departamento de Dinamización Lingüística da ESAD de Galicia
  • Calendario Obradoiros integrados 2015/2016
  • Normas dos Obradoiros integrados

  • 'Exilio das moscas'
  • Do 13/04/2016 ao 14/04/2016
  • Sinopse
    >                Esperto na metade dunha rúa que non recoñezo
    >                Pecho os ollos
    >                Camiño
    >                Naufrago
    >                Agardo
    >                Esquézome
    >                Selo o meu corpo con tinta
    >                Entérrome
    >                Recordo
    >                Falo inglés/alemán/árabe/galego/francés
    >                Retrocedo sobre as miñas pegadas
    >                Pecho os ollos
    >                Viaxo de polisón
    >                Miro vellas fotografías
    >                Constrúo un aramado de bágoas
    >                Lémbrome dun libro que lin de nena
    >                Pecho os ollos
    >                Bailo bailes sen orquestra
    >                Dou bicos con sabor a cinsa
    >                Xogo á guerra
    >                Agardo por outro tren pantasma
    >                Pecho os ollos
    >                Penso
    >                Síntome coma unha mosca voando cara a ningures
    >                Pero…
    >                Unha mosca pode exiliarse?

    Sala Pedra Seixa
    Mércores 13 de abril (16:30 h. + 19:00 h.)
    Xoves 14 de abril (17:00 h.).




  • Elenco
    Sonsoles Cordón, Germán Gundín, Dunia Díaz e Guillermo Lago.

    Dirección
    César No.

    Dramaturxia
    Ernesto Is.

    Deseño gráfico
    Javier Nistal.

    Produción
    Laura Porto.

    Titores
    Zaida Gómez, Afonso Becerra e Julián Herrero.

    Espectáculo seleccionado para o VI Festival Vigo en Bruto da Sala Ensalle.
    Colabora AVAFT Rías Baixas.

  • 'Un deus salvaxe', de Yasmina Reza
  • Do 16/03/2016 ao 17/03/2016
  • Sinopse
    Dous matrimonios reúnense para dialogar sobre o incidente violento sucedido entre os seus fillos: un golpeou cun pau ó outro. O que en principio comeza como unha conversa queda e civilizada, remata por converterse nunha discusión caótica que serve de sátira sobre a condición humana, o ego e os convencionalismos que demanda a aparente superioridade da vida occidental.

    Sala Pedra Seixa
    Mércores, 16 de marzo (17:00 h. + 19:00 h.)
    Xoves, 17 de marzo (17:00 h.)


  • Elenco
    Ana Cebrián, Jaime Núñez, Raquel Sánchez e Sergio Álvarez.

    Escenografía
    Amanda Seijas (espazo escénico, iluminación, vestiario e caracterización).

    Deseño de cartel
    Amanda Seijas.

    Titores
    Dani Salgado, Mariana Carballal, Eufrasio Lucena e Ana Arteaga.

  • 'Campo de covardes', de Vanesa Sotelo
  • Do 09/03/2016 ao 10/03/2016
  • Vim mais do que esperaba ver.
    Som un saco de ódio contra a gente mas
    que ternura me inspiram as persoas.


    (Alberte Pagán)

    Sala Pedra Seixa
    Mércores 9 (16:30 h. + 18:30 h.)
    Xoves 10 (17:00 h.)



  • Reparto
    Tamara Barja, Santi Cuquejo, Germán Álvarez e Paula Regueiro.
     
    Iluminación
    Laura Iturralde.

    Creación espazo sonoro
    Daniel Casquero.

    Axudante produción
    Chiqui Pereira

    Dirección
    AveLina Pérez

  • 'O cerco de Leningrado', de J. L. Sanchis Sinisterra
  • Do 14/04/2015 ao 15/04/2015
  • Sala Pedra Seixa
    Martes 14 abril (18h30)
    Mércores 15 abril (18h30)
  • Reparto
    Sara Zas e Brenda Pereira

    Escenografía, iluminación e vestiario
    Neme Álvarez

    Titores
    Damián Contreras (interpretación e dirección)
    Eufrasio Lucena e David Mortol (escenografía)

  • 'Rei Lear', de W. Shakespeare
  • Do 26/03/2015 ao 27/03/2015
  • Cinco espazos. Cinco mundos que interfiren entre eles baixo un nexo común ... O Rei Lear. Ou mellor dito, o que queda do Rei Lear. Tanto sofre o que non ten todo aquilo que quere, como aquel que ten máis do que lle gustaría ter. Unha trama de engano, ambición e cobiza, traballando o verso dende unha adaptación para cinco personaxes do texto orixinal de Shakespeare.

    Aula P3
    Xoves 26 marzo (17h00 / 19h00)
    Venres 27 marzo (17h00)


  • Reparto
    José Vaquero, Yaiza Queiruga, Cristina Iglesias, Chechu Salgado e Ruth Boente

    Escenografía, iluminación e vestiario
    Lucas Rodríguez

    Titores
    Ermel Morales (interpretación e dirección)
    Cristina Domínguez (voz)
    Eufrasio Lucena e David Mortol (escenografía)

    Agradecementos
    Antía, Neme e Coti

  • 'Eménides' ('Grecia 2.0'), de Esquilo
  • Do 25/03/2015 ao 26/03/2015
  • Contos: de sereas, de heroes, de princesas, de castelos, historias , bandeiras vellas, cada día máis vellas, as historias cambian e os nomes trabúcanse, as bandeiras acaban sendo farrapos, farrapos cos que zurcir novas bandeiras que tamén serán farrapos. Historias que hai que reescribir. Andar sempre a cambiar cousas para que nada cambie, para que manden os mesmos. Os homes e a guerra, dun xeito ou outro, pero sempre a guerra.

    Agamenón marchou a guerra,
    que dolor que dolor que pena,
    Agamenón marchou a guerra
    non sei cando volverá,
    do re mi, do re fa,
    non sei cando volverá.

    As historias cambian e tórnanse máis confusas, máis rápidas, máis absurdas, máis POSDRAMÁTICAS. Andar sempre a cambiar cousas para que nada cambie, para que manden os mesmos. Os poderosos, falen na lingua que falen sempre falan a lingua dos cartos e tecen bandeiras coma se tecen os traxes... a medida.

    Desculpas a: William Shakespeare, J. B. P  “Moliere”, Lope de Vega, José Zorrilla, Yazmina Reza, David Mamet, Valle Inclan, Oscar Wilde, Pedro Calderón de la Barca, Henrik Ibsen, Antón Chéjov, Johann Wolfgang Goethe, Albert Camus, Bertolt Brecht, Dario Fo, Arthur Miller, Víctor Hugo, Luigi Pirandello, e a toda a xente con talento de verdade que endexamais se preocupou por facer posdrama ou "Arte" porque estaban moi ocupados facendo teatro.

    Sala Pedra Seixa
    Martes 24 marzo (17h00 / 19h00)
    Mércores 25 marzo (17h00)


  • Reparto
    Javier Lago, Paula Vega, Irene Berciano e Nerea Portela

    Escenografía, iluminación e vestiario
    Antía Fatas

    Dirección e dramaturxia
    Julián Rodíguez

    Titores
    Irene Moreira (dirección)
    Mariana Fernández (interpretación)
    Cristina Domínguez (voz)
    Eufrasio Lucena e David Mortol (escenografía)

    Agradecementos
    Beba Gayoso, Gran Vía Cines, CDG (por seguir enchendo os teatros galegos ...de serrín), Sara, Brenda, Neme, Coti, Lucas e Xosé Manuel López Conde.

  • 'Proteo', de Esquilo
  • 17/03/2015
  • The Oresteia, L´Orestie, Die Orestie, Η Ορέστεια, A Oresteia, 該奧瑞斯提亞, La Orestíada, A Orestíada...

    Unha "Troupe" circense chegada dende as escuras terras de Castela ao Reino Galaico-Portugués, loitará contra o texto do propio Esquilo, contra vento e marea, contra o tempo e incluso contra eles mesmos para contar a verdadeira historia acontecida tras o fin da guerra de Troia.

    Proteo amosará a Menelao e a súa tripulación a verdade do mundo corrupto que o rodea. Agamenón volta vitorioso da guerra, Clitemnestra toma a xustiza da súa man, os seus fillos Electra e Orestes claman vinganza. Que acontecerá?

    Nin homes, nin deuses están exentos de pronunciarse. Acompañen a estes tolos na súa andaina. O facho que trae novas de Troia está a piques de chegar. Cando o lume se apague, acenderanse os focos e subirá o pano imaxinario. Embárquense nesta travesía e saquen as súas propias conclusións.

    17 de marzo · 20:30 h.
    ESAD de Galicia

  • Titores
    Zaida Gómez e Alicia Corral (interpretación)
    Eufrasio Lucena Muñoz e David Mortol (escenografía)
    Xavier Castiñeira (dirección escénica)
    Nuria Montero e Pablo Calvo (técnica vocal e dicción)

    Interpretación
    Sabela Ramos Candedo, David Rodíguez Alonso, María García De Las Llanderas, Lucía Hernández Fernández, Ailén Kendelman Mouzo e Cecilia Varela Gómez

    Escenografía, iluminación e vestiario
    José Manuel Faro

    Dirección escénica
    David Gundín

  • 'Do outro lado da parede', a partir de 'Vidas post-it' de Iolanda Zúñiga
  • Do 12/03/2014 ao 14/03/2014
  • A vida nas cidades corre veloz a través de nós, pero non nos deixa indiferentes das cousas que vivimos. A velocidade tamén marca, deixa ver partes das persoas que moitas veces non nos gustan. Vivimos cada vez máis encerrados, pendientes só da nosa propia ansiedade. Detrás da parede, detrás de cada historia que se esconde en cada casa, latexan vidas que soñan, que resisten, que pelexan por ser só o que son, pequenos mundos gardados en corpos que buscan entender o que lles rodea.

    12 e 13 de marzo · 18:00 h.
    14 de marzo · 20:00 h.
    Aula P4

  • Titores
    Óscar Codesido (interpretación)
    Vanesa Bajo Izquierdo (escenografía)
    Julián Herrero (dirección escénica)
    Nuria Montero (técnica vocal e dicción)

    Interpretación
    Cata Otero Sieiro, Rocío Salgado, Aaron Gallego, Carla Fernández e Ismael Mariño

    Dramaturxia
    Ana Carreira

    Escenografía, iluminación e vestiario
    María Gutiérrez

    Dirección escénica
    Lois Blanco

  • 'Mozas de primeira', de Caryl Churchill
  • Do 12/03/2014 ao 14/03/2014
  • ¿Voar é unha actividade vetada para as mulleres? Onte, igual que hoxe a elevación social impide a continuidade biolóxica. Alcanzada a meta a miúdo esquecemos as nosas orixes.

    12 e 13 de marzo · 20:00 h.
    14 de marzo · 18:00 h.
    Sala Pedra Seixa

  • Titores
    Xavier Castiñeira (dirección escénica)
    Vanesa Bajo (escenografía)
    Damián Contreras (interpretación)
    Nuria Montero (técnica vocal e dicción)

    Interpretación
    Sabela Mascuñana, Irene Cancelas, Celia González, Daniela Rodas, Nerea Fernández, Susi Álvarez e Noemí Pinto

    Escenografía, vestiario e iluminación
    Elvira Fernández

    Creación espazo sonoro e arranxos musicais
    Davide González

    Dirección escénica e dramaturxia
    Delfina Miguélez-Val

    Agradecementos
    Beba Gayoso, Davide González, David Gundín, Alfonso Rivera, Marión Sarmiento e Xulián

    Para as nosas nais e pais porque se quedaron

  • "Chamémoslle teito ao chan", creación colectiva
  • Do 19/03/2014 ao 21/03/2014
  • Chamémoslle teito ao chan propón o encontro de cinco persoas que, a través do corpo, o diálogo, a danza e o xogo, conversan sobre a intimidade, mostrándoa, sen aludila explicitamente, substentada pola memoria, a ficción e a realidade. Unha viaxe polo inconfesable que transforma as presións sociais, públicas ou privadas, nun sentido de vivir en comunidade as inclinacións de cada quen.

    19 e 20 de marzo · 18:00 h.
    21 de marzo · 20:00 h.
    Aula P3

  • Titores
    Óscar Codesido (Interpretación textual)
    Alicia Corral (Interpretación xestual)
    Trini Díaz (Dramaturxia)
    Cristina Domínguez (Técnica vocal e dicción)
    Joan Giralt (Dramaturxia)
    Ricardo Solveira (Interpretación xestual)

    Intérpretes
    Alba Alonso, Carlos Baena Alarcón, Davide González, Carolin Sanders e Andrés Seara

    Espazo escénico

    Andrés Seara

    Dirección escénica e dramaturxia
    Ana Carreira

  • 'Trece caídas', de Diana Mera
  • Do 19/03/2014 ao 21/03/2014
  • Trece caídas aséntase na convicción de que a saída da Crise Económica actual implica unha mudanza radical da nosa escala de valores. A metáfora do outono percorre a obra para confrontarnos cunha caída que nos impulse a renacer unha e outra vez; ultrapasar a derrota, romper as estruturas mentais impostas, abandonar o escepticismo e desenvolver unha mirada propia e crítica con nós mesmas e coa realidade na que estamos inmersas, achegándonos a unha sociedade onde a comunidade sexa o gran centro neurálxico.

    19 e 20 de marzo · 20:00 h.
    21 de marzo · 19:00 h.
    Sala Pedra Seixa

  • Titores
    Julián Herrero (dirección escénica)
    Damián Contreras (interpretación)
    Cristina Domínguez (técnica vocal e dicción)
    Vanesa Bajo (escenografía)

    Dirección e dramaturxia
    Diana Mera

    Intérpretes
    Paula Vega, Muriel Pernas, Aisa Pérez, Merche Pérez e Daniel Refojos

    Escenografía, vestiario e iluminación
    Ana Duarte

    Espazo sonoro
    Paulo p.

    Montaxe audiovisual
    Pablo Pintor e esther f. Carrodeguas.

    Gravación de vídeos
    Pablo Pintor e Jorge Gallardo

    Deseño de crucigrama
    Javier G. Lojo

    Participación especial
    Roi Seoage, Manolo Garrido e Mariña López.

    Agradecementos
    Isa e Teresa Barberena

FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS