ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ORGANIGRAMA | Departamento de Creación e produción
  • Este servizo asume a coordinación da produción de todos os traballos escénicos realizados na ESAD de Galicia así como a exhibición dos traballos escénicos realizados na mesma. Igualmente deberá realizar a dirección e coordinación dos espazos de exhibición e das actividades que se relacionen cos mesmos, ademais de promover proxectos de colaboración con outras entidades en relación coa creación e a difusión de produtos escénicos.

    PROTOCOLO DE USO DO ALMACÉN
    Para  garantir  un  uso  adecuado  do  almacén  e  dos  materiais  depositados  nel,  establécense  as seguintes  normas,  aprobadas  pola  Comisión  de  Coordinación  Pedagóxica  con  data  do  23  de febreiro de 2016.

    PRÉSTAMO
    - O horario de préstamo será de 16.00 a 18.00 todos os días.
    - O  servizo  será  atendido  polo  profesorado  que  estea  realizando  as  titorías  docentes nese horario, segundo horario dispoñible na páxina web da escola.
    - Os martes o servizo será atendido polo persoal de Conserxería, no mesmo horario.
    - O tempo de que se disporá para recoller material estará limitado polo tempo dispoñible da persoa acompañante.
    - O  profesorado  poderá  acceder  directamente  ao  almacén  solicitando  as  chaves  en conserxería.
    - Tanto o profesorado como o alumnado que recolla materiais no almacén deberá cubrir a folla de control do mesmo.

    DEVOLUCIÓN
    - O  material  debe  devolverse  unha  vez  utilizado.  Non se  pode  almacenar  nas  aulas  ou corredores.
    - O profesorado devolverá o material seguindo o mesmo procedemento da recollida.
    - O alumnado  poderá  devolver  o  material  todos  os  días  entre  as  11:45  e  as  12.  45, solicitando  do  persoal  de  Conserxería  que  os  acompañen  ao  almacén.  De  non  ser posible, poderá devolver o material en horario de tarde.
    - O alumnado e o profesorado deixarán o material no mesmo lugar e no mesmo estado en que se recolleu. A roupa, de ser o caso, debe lavarse. Debe igualmente asinarse a folla de entrega indicando a data.
  •   

    Alejandra Montemayor (Coordinación do servizo).
    Xavier Castiñeira (Apoio á xestión académica do centro).

FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS