ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




PROBAS DE ACCESO | Inscrición
  • PRAZAS DE NOVO INGRESO
  •  
  • Prazas de novo ingreso por especialidades. Primeiro curso.

    Dirección escénica e dramaturxia: 12
    Escenografía: 12
    Interpretación: 24





    • REQUISITOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO
    •  
    • - Ter o título de bacharelato (ou título equivalente).
      - Ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
      - Ou ter superada a proba de madurez* para persoas que teñan dezaoito anos cumpridos no ano de realización das probas.

      Documentación:
      - Solicitude de inscrición nas Probas de acceso
      - Ficha para a realización das Probas de acceso
      - Fotocopia D.N.I.
      - Certificado ou Título de Bacharelato
        (ou proba acceso universidade >25 anos, ou proba madurez >18 anos).
      - Taxas (64 €).

      Para que as persoas fóra de Galicia podan realizar o pago deberán poñerse en contacto coa secretaría da escola: 986 246 399.
    • ÁREA DE DOCUMENTACIÓN

    • Solicitude inscrición Probas de acceso
    • Ficha Probas de acceso
    • Reclamacións




      • PROBAS DE ACCESO
      •  
      • Cando se convocan as probas de acceso?
        No mes de maio adoita publicarse a convocatoria, que se fai pública en www.edu.xunta.es, no Diario Oficial de Galicia e na web da escola (www.esadgalicia.com). O período de inscrición das mesmas soe ir de finais de maio ao 15 de xuño. As taxas de inscrición supoñen uns 65 €.

        Desenvolvemento das probas
        Para cursar estudos superiores de arte dramática as persoas aspirantes deberán realizar e superar unha proba específica que ten como finalidade valorar a súa madureza, e os seus coñecementos e aptitudes para cursar con aproveitamento as ensinanzas.
        Saber máis >>




        • * PROBA PARA MAIORES DE 18 ANOS
        •  
        • Esta proba ten como finalidade valorar a madurez, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento as ensinanzas.Os aspirantes deberán acreditar os seus coñecementos e madurez en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Esta proba versará sobre as materias comúns do bacharelato. Calquera persoa que queira realizar a proba poder inscribirse na mesma en calquera dos centros que ofrecen ensinanzas artísticas superiores, e polo tanto na ESAD de Galicia, na Secretaría do centro.

          Instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel.

          Xúntase a Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel.

          A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive:

              Conservatorio Superior de Música da Coruña.
              Conservatorio Superior de Música de Vigo.
              Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
              Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
              Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
              Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
              Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
              Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
        • ÁREA DE DOCUMENTACIÓN

        • Resolución do 14 de abril de 2016 (DOG)
        • Solicitude inscrición Proba madurez
        • Exemplos proba




FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS