ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




PROBAS DE ACCESO | Preguntas e respostas frecuentes FAQ´s
  • Cousas que deberías saber se queres estudar Arte Dramática
  •  
  • O propósito do presente documento consiste en proporcionar aos futuros estudantes da ESAD de Galicia, unha guía de consulta rápida para solucionar as principais dúbidas ou problemas que poidan xurdir en relación aos procesos de acceso á escola.
  • ÁREA DE DOCUMENTACIÓN

  • Preguntas e respostas frecuentes · FAQ's




    • 1. QUE É A ESAD DE GALICIA?
    •  
    • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia é un centro de titularidade pública dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ofrece ensinanzas oficiais.

      Que podo estudar?
      A ESAD de Galicia ofrece o Título Superior en Arte Dramática nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación.

      Itinerarios:

      ESPECIALIDADE
      ITINERARIO
      Interpretación
      Textual

      Xestual
      Dirección escénica e Dramaturxia
      Dirección de escena

      Dramaturxia
      Escenografía
      -


      Cando se escollen os itinerarios?
      En terceiro curso.

      Canto duran estes estudos?
      Catro cursos académicos para un total de 240 ECTS, con 60 ECTS por curso. Un ECTS é un crédito europeo. Como media cada curso implica 900 horas lectivas de formación en aula.




      • 2. ACCESO Á ESCOLA
      •  
      • Como me podo matricular na escola?
        Para matricularse, primeiro hai que superar unha proba de acceso específica, e para poder inscribirse na mesma hai que ter cursado o bacharelato, ou ter aprobada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

        Que bacharelato teño que facer?
        Agás no caso da especialidade de escenografía (para a que é recomendable a modalidade de Artes, Vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño) non é obrigatorio ter cursado unha modalidade específica de bacharelato.

        E se teño un ciclo formativo de Grao Superior?
        Non se contempla esa posibilidade na lexislación vixente.

        E se non teño bacharelato?
        Podes realizar unha proba específica que cada ano realiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que consiste nunha proba de madureza en relación aos contidos do bacharelato. Adoita celebrarse a finais de maio e a inscrición nas mesmas faise entre marzo e abril, segundo a convocatoria oficial que se fai pública en www.edu.xunta.es e no Diario Oficial de Galicia.

        E que fago se suspendo 2º de bacharelato en xuño?
        O alumnado que estea cursando 2º de bacharelato e que suspenda algunha materia pode matricularse nas probas e facelas. Se as supera obtén praza, aínda que condicionada a que obteña o título de bacharelato en setembro do mesmo ano.




        • 3. PROBAS DE ACCESO
        •  
        • Cando se convocan as probas de acceso?
          No mes de maio adoita publicarse a convocatoria, que se fai pública en www.edu.xunta.es e no Diario Oficial de Galicia. O período de inscrición das mesmas soe ir de finais de maio ao 15 de xuño. As taxas de inscrición supoñen uns 65 €.

          Cando son as probas?
          Durante a última semana de xuño e a primeira de xullo, segundo o calendario que se fai público cada ano.

          En que consisten estas probas de acceso?
          Nun exercicio específico para cada especialidade que consta de varios apartados. En marzo a ESAD de Galicia publica a información pertinente para as probas a celebrar en xuño/xullo; ata ese mes está dispoñible a información pertinente das probas xa realizadas no curso anterior.
          >> Saber máis.

          Se supero as probas de acceso, gárdase o aprobado para outro ano?
          En ningún caso.

          Hai que facer a selectividade?
          Non, non é necesaria, pero resulta aconsellable.




          • 4. MATRÍCULA
          •  
          • Canto custa a matrícula?
            Arredor de 500 €. Non hai que abonar cantidades por outros conceptos ao tratarse dun centro público, agás o seguro escolar (2 €). Están previstos os descontos habituais noutros estudos como os de familia numerosa.

            Pódese acceder a bolsas de estudos, becas…?
            Ás que convocan as administracións educativas con carácter xeral.

            Como se organiza a matrícula?
            En 1º curso hai que realizar matrícula completa, e hai que superar cando menos 20 créditos dos 60, para poder continuar os estudos. En 2º, 3º e 4º cabe facer matrícula parcial.

            Podo validar materias doutros estudos?
            Pódese solicitar recoñecemento de créditos por ter cursado estudos do mesmo nivel: ensinanzas artísticas superiores e/ou universitarias. O recoñecemento solicítase en setembro.




            • 5. OUTRAS
            •  
            • Cal é o horario?
              De 8:30 a 15:00 cun recreo de media hora. O centro permanece aberto de 8:00 a 21:00.

              Hai residencia e comedor?
              Non hai residencia, pero é moi doado compartir piso. No taboleiro da ESADg hai moita información. Existe unha cafetería con menú.

              Podo visitar e coñecer as instalacións da escola?
              Ben de forma individual ben, de forma colectiva a través do centro onde estudes. Chama e concerta unha visita ou unha entrevista.

              Onde está a ESAD de Galicia?
              En Vigo, no barrio de Navia, na rúa Poza Cabalo, s/n.

              Teño máis preguntas...
              Consulta en nosa web a Guía do alumnado, chama por teléfono 986 246 399, ou envía un correo: esad.galicia@edu.xunta.es.





FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS