ACSUG: Informe de seguimento



Horario da Biblioteca


Plan de autoprotección





CALIDADE | 1. Presentación do Manual de Calidade
  • Consonte o establecido na lexislación vixente, nomeadamente a Orde do 30 de setembro de 2010 na súa disposición adicional segunda, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ten establecido un Sistema de Garantía Interna da Calidade coa finalidade de potenciar a mellora das súas actividades docentes, investigadoras e de xestión

    Ao mesmo tempo, e seguindo as normas establecidas pola administración educativa, nomeadamente o Convenio asinado en novembro de 2014 entre a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG), a ESAD de Galicia establece protocolos e liñas de actuación ao abeiro do disposto na Guía para a o seguimento das titulacións superiores de ensinanzas artísticas editada pola ACSUG en xuño de 2015.

    Na configuración do Sistema de Garantía Interna de Calidade da ESAD de Galicia, e na elaboración e edición do seu Manual de Calidade tómanse en consideración os parámetros establecidos pola Asociación Europea para a Garantía de Calidade da Educación superior, desenvolvidos pola ANECA e pola propia ACSUG, sen esquecer algunhas directrices contidas na norma ISO 9001: 2008 en relación cos procesos de xestión e administración do centro.

    Para o desenvolvemento de políticas de calidade a ESAD de Galicia, ademais das responsabilidades que lle son propias ao equipo de Dirección e aos Órganos colexiados da escola, conta cun Departamento de Calidade, e cun Servizo de Garantía Interna de Calidade onde participa a comunidade educativa.   

  • DE001.01 O MSGIC
  • LI101.01 Índice MSGIC
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

    Programacións docentes

  • Dirección escénica e dramaturxia

    Programacións docentes

  • Interpretación

    Programacións docentes

  • ERASMUS+