A ESAD de Galicia convértese, os días 21 e 22 de marzo, no epicentro da educación teatral no Estado Español, ao acoller o décimo encontro das quince Escolas Superiores de Arte Dramática (ESAD). Esta xuntanza, que se celebra dúas veces ao ano, reunirá a docentes, equipos directivos e, por vez primeira, a alumnado das escolas, […]
20 de Marzo de 2025

A ESAD de Galicia convértese, os días 21 e 22 de marzo, no epicentro da educación teatral no Estado Español, ao acoller o décimo encontro das quince Escolas Superiores de Arte Dramática (ESAD). Esta xuntanza, que se celebra dúas veces ao ano, reunirá a docentes, equipos directivos e, por vez primeira, a alumnado das escolas, nun espazo de diálogo e colaboración onde se compartirán coñecementos, se deseñarán plans de acción conxunta e se tratarán aspiracións e problemáticas comúns.

O encontro, organizado pola ESAD de Galicia, que neste 2025 celebra o seu XX aniversario, incluirá sesións de traballo tanto presenciais como en liña, co obxectivo de fortalecer os vínculos entre as institucións e avanzar na mellora da formación teatral en todos os niveis educativos. Un dos eixes centrais das reunións será a implantación da Lei de Ensinanzas Artísticas, aprobada o ano pasado, que modificará en poucos anos a actual estrutura académica das ensinanzas artísticas superiores, así como a súa oferta educativa. Tamén se abordarán temas clave como a aplicación dos sistemas de calidade nas ESAD, os dereitos culturais, os obxectivos de desenvolvemento sostible e a aprendizaxe-servizo.

Este encontro destaca pola inclusión de alumnado nas sesións de traballo. As mesas de estudantes centrarán a súa atención na xeración de propostas que melloren o apoio, o benestar e a convivencia nos centros. Esta orientación das charlas reflicte o interese das comunidades escolares en integrar a perspectiva do alumnado no proceso de transformación e mellora dos centros, primando o seu benestar emocional, físico e mental.

Tamén podería interesarche

As certezas de Ofelia
As certezas de Ofelia

NOVO OBRADOIRO INTEGRADO DE 4º CURSO DA ESAD GALICIA "As certezas de Ofelia", unha peza de Luísa...

A media lúa
A media lúa

UN NOVO OBRADOIRO INTEGRADO DE 4º CURSO DA ESAD GALICIA "A media lúa", obra de Roland...

VOLTAR
VOLTAR

Xa están aquí, un novo curso, os obradoiros integrados da ESAD Galicia. O primeiro deles, 🌊🐚...