fbpx

Nude photos

https://freepornpicss.com xxxpicz.com https://megapornx.com/xxx/nude

Atención ao alumnado

ATENCIÓN AO ALUMNADO ALERTA SANITARIA

Comunicamos que durante o tempo que dure o Estado de Alerta decretado polo Goberno de España e pola Xunta de Galicia, o centro permanecerá cerrado e non se poderá acceder ao mesmo. Calquera xestión ou petición urxente deberá ser trasladada ao centro por medio de correo electrónico (esad.galicia@edu.xunta.es). Tamén se comunica que se atenderá no teléfono 986 246 399 de 10:00 a 13:00 h., nos días lectivos, sendo o 19 e o 20 de marzo non lectivos.

Lembramos a todas as alumnas e alumnos do centro, que o profesorado enviará instrucións para o desenvolvemento de tarefas mediante diversos medios electrónicos, tamén por medio do CODEX PRO, polo que é necesario que revisedes cada día as posibles mensaxes enviadas por ese medio. Cando o estimedes oportuno e/ou necesario tamén podedes establecer contacto vía correo electrónico co profesorado para os efectos académicos que procedan.

Lembramos que a Comisión de Coordinación Pedagóxica, en sintonía coas instrucións das autoridades académicas, na súa xuntanza extraordinaria do 6 de marzo de 2020 acordou por unanimidade que os traballos que se encomenden ao alumnado, para manter o ritmo académico, debe orientarse cara actividades que permitan reforzar os contidos xa tratados e as competencias adquiridas, así como a supervisar aqueles traballos que estando en curso de realización, poidan ser obxecto de titoría virtual. Dado que as actividades que se encomenden non poderán ser avaliables, cómpre ter presente esa dimensión de actividades de reforzo e repaso ou de continuidade de traballos en proceso.

Finalmente pedir que se extremen as precaucións e que se sigan as instrucións das autoridades sanitarias ao obxecto de preservar a saúde propia e a allea e poder retomar as actividades lectivas presenciais canto antes.

Saúdos e saúde
A Dirección da ESAD de Galicia

  • Date
    18/03/2020