fbpx

Nude photos

https://freepornpicss.com xxxpicz.com https://megapornx.com/xxx/nude

CDG-Lab

CDG-Lab

UN ESPAZO DE ENCONTRO ENTRE A FORMACIÓN E A PROFESIÓN PARA ALUMNADO DE ARTES ESCÉNICAS

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e o Centro Dramático Galego únense para reforzar a formación dos novos profesionais da escena, coa posta en marcha de CDGLab, para facilitar aos/á futuros/as profesionais da escena a adquisición de competencias máis alá das impartidas no ámbito académico, a prol da súa incorporación ao mercado laboral.

A iniciativa, segundo perfilaron nunha reunión entre o director do CDG, Fran Núñez, e a vicedirectora da ESADg, Cristina Domínguez, comeza a desenvolverse unha PRIMEIRA FASE de encontros en liña do alumnado con persoal técnico do Salón Teatro e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en diferentes áreas relacionadas coa montaxe e promoción dos espectáculos. Así, a primeira das sesións xirará ao redor da planificación, xestión e comunicación. O segundo encontro tratará sobre a produción, o acompañamento técnico e a construción, e o terceiro e último encontro sobre a creación artística.

Unha vez rematado o curso, porase en marcha a SEGUNDA FASE, centrada no acompañamento por parte do CDG de proxectos promovidos polas persoas que se gradúan na ESADg, como poden ser os Traballos de Fin de Estudos. Trátase así de apoiar a transición destes proxectos ao mundo laboral, mediante o asesoramento con titorías e encontros con profesionais do sector.

CDGLab poderase completar cunha TERCEIRA FASE, cando a situación sanitaria o permita, para realizar prácticas extracurriculares coa participación do alumnado nos procesos de creación e residencias que se desenvolvan no Salón Teatro.

Con esta nova iniciativa, o CDG quere converterse nun punto de referencia para facilitar o tránsito do alumnado titulado de Arte Dramática ao mercado de traballo, achegándolle diferentes mecanismos de integración na profesión. CDGLab enmárcase, ademais, no obxectivo de potenciar o coñecemento da realidade escénica tanto entre os colectivos vinculados ao sector como no conxunto da sociedade.

 

29 abril de 2021