Nude photos

https://freepornpicss.com xxxpicz.com https://megapornx.com/xxx/nude

dramaturxias itinerantes

O programa Dramaturxias itinerantes, iniciado en 2019, é froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e ten como obxectivo promover un mellor coñecemento mutuo da escrita teatral máis contemporánea de Galicia e Portugal. O proxecto pon o foco nas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a formar nas nosas escolas, e na dramaturxia de autoría feminina, coa vontade de rescatar esta da invisibilidade e de poñer en valor todo o seu potencial renovador.

Paseniño, o ciclo foi sumando edicións, nomes e encontros escénicos, mesmo sorteando as incertezas da pandemia cunha edición a finais de 2020 que foi tamén un xesto de confianza na capacidade resiliente do teatro. Nas voces galegas e portuguesas foron chegando aos públicos os textos de Patrícia Portela e AveLina Pérez, de Ana Carreira e Joana Craveiro, de Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu e os de Rita Pinheiro e Laura Porto.

Na edición 2022 súmase ao proxecto a ESMAE de Porto á que lle agradecemos o entusiasmo e a complicidade.

 

Para esta cuarta edición, as dramaturgas convidadas dentro do ciclo Dramaturxias itinerantes son Esther F. Carrodeguas, coa peza Supernormais, e Cecília Ferreira, coa obra Dionísia.

O encontro entre as dúas autoras terá lugar o 18 de xaneiro na sede da ESAD de Galicia en Vigo e o 19 de xaneiro na ESMAE do Porto.

A conversa, aberta ao púlico, estará acompañada por estudantes das dúas escolas coa lectura dramatizada dos dous textos, que serán editados na colección dixital Dramaturxias itinerantes do Consello da Cultura Galega.

 

+INFO: www.consellodacultura.gal

  • Date
    12/12/2022