fbpx

Nude photos

https://freepornpicss.com xxxpicz.com https://megapornx.com/xxx/nude

Fóra de portas

Fóra de portas é un programa que nace co desexo de xerar sinerxias coa cidade e contribuír ao contexto cultural de Vigo. Para iso a Sala Artika ofrécenos, coa súa colaboración, unha oportunidade única de abrir vías de aprendizaxe e intercambio. Unha sala que oferta con coraxe e profesionalidade un espazo e unha programación necesarios na nosa cidade.

Programación

Mostra 3º A Interpretación Textual

PARA. ELA. Dramaturxia libre elaborada pola docente con fins pedagóxicos a partir dos textos: En estado de espera de Santy Portela; Fedra versión Paco Becerra; Fedra de Eurípides; El Alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca; Para de Samuel Kiró; Dear Dad de Care Norway.

Sinopse:
Quen é o culpable de que exista a violencia?
A sociedade. Ideamos outra.
O individuo. Xeramos outros.
A educación. Elaboramos outra.

PARA. ELA. é outra peza sobre o acoso e a violencia, noutra sociedade e con outra educación, que pretende xerar outro debate sobre a nosa realidade actual, facendo participe ó espectador, hoxe xuíz, e invitándoo a reflexionar dun xeito multifocal.

Elenco:
Ana Areán, Sara Fernández, Isabel Garrido, Noelia González, Yolanda Iglesias, Teresa López, Liah Meis, Anxo Outumuro e Mario Rodríguez.

Docente: María Francelina
Disciplina: Interpretación V

Iluminación: Quintana.

Agradecementos:
Ós docentes Nuria Montero e Ermel Morales polo emprego do seu tempo de titorías e a súa axuda inestimable; a David Mortol e Xavier Castiñeira por resolver e estar aí; a Cristina Domínguez por xestionar e confiar; á Sala Ártika; a Elda Barros polas súas confeccións sempre á medida; a Rafael Álvarez por darnos visibilidade; e a todos aqueles que son partícipes e aínda sen nomealos se sentirán agradecidos.

Lugar: Sala Ártika Vigo

19 de decembro, ás 16h30 e 20h00.
Exercicio pedagóxico aberto á comunidade educativa.

20 de decembro, ás 20:00h.
Función aberta ao público en xeral.