II Encontro CIBER.gal

CIBER.gal é o nodo de ciberseguridade galego conformado polas administracións públicas galegas e institucións privadas, o seu obxectivo é favorecer unha contorna dixital segura e afrontar, de maneira colaborativa os retos para protexer os seus activos no ciberespazo; busca facer fronte á crecente ameaza que supoñen os ataques cibernéticos e aproveitar as oportunidades que presenta […]
25 de Setembro de 2023

CIBER.gal é o nodo de ciberseguridade galego conformado polas administracións públicas galegas e institucións privadas, o seu obxectivo é favorecer unha contorna dixital segura e afrontar, de maneira colaborativa os retos para protexer os seus activos no ciberespazo; busca facer fronte á crecente ameaza que supoñen os ataques cibernéticos e aproveitar as oportunidades que presenta a nova era dixital. Dentro do obxectivo común hai varios estratéxicos entre os que destaca o de facer chegar e concienciar sobre a ciberseguridade á sociedade.

A ESAD de Galicia participou no II Encontro CIBER.gal o día dedicado á cidadanía cunha Representación teatral de ciberseguridade: A un clic de ser ti

Grazas ás docentes Beba Gayoso Diz e Nuria Montero Gullón, que dirixiron aos alumnos de 2º de Interpretación : Alejandro Álvarez Díaz, Jorge Destar Vázquez, Sophia Fernández Rodal, Lu Ferrol Álvarez, Paula Gavilán Suárez, Daniel Lago Barreiro, Ana Oca Vázquez, Alejandro Pazos Espiñeira, Carla Pérez Álvarez, Gloria Pérez Punzano, Sergio Peteira Iglesias, Nerea Rodríguez Durán, Carmela Vázquez Zas, nesa representación teatral e que xunto ao director Roberto Fco. Relova Quinteiro estiveron o pasado 10 de novembro de 2022 no CIBER.gal.

 

 

Tamén podería interesarche

Xornadas de Portas Abertas
Xornadas de Portas Abertas

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza novamente as Xornadas de Portas Abertas,...

CDG LAB
CDG LAB

CDG LAB O Centro Dramático Galego desenvolve, en colaboración coa ESADg, unha actividade que vai...

Dramaturxias itinerantes
Dramaturxias itinerantes

O programa Dramaturxias itinerantes, iniciado en 2019, é froito da colaboración institucional...