fbpx

Nude photos

https://freepornpicss.com xxxpicz.com https://megapornx.com/xxx/nude

Microteatro da Memoria

II CERTAME MICROTEATRO DA MEMORIA
Convocan: Servizo de Dinamización da Lingua Galega da ESAD de Galicia e Deputación de Pontevedra

O certame consiste na presentación de pezas teatrais curtas, que centren a súa temática arredor da memoria histórica.
O obxectivo principal do certame é reflexionar sobre a historia a través de propostas de carácter escénico en formato breve. Deste xeito, abrimos un espazo para que a dramaturxia visibilice unha temática, ás veces, esquecida.

BASES DA PARTICIPACIÓN
Poderá presentarse calquera persoa que asi o desexe.

AS PEZAS  E O PREMIO
Pezas curtas en lingua galega, estilo libre, temática sobre a memoria histórica. Un único premio dotado con 500 €.

PRAZO E PRESENTACIÓN
O prazo de presentación remata o día 30 de novembro de 2021.

A presentación das pezas é telemática, enviándoas ao correo electrónico esad.galicia@edu.xunta.gal dentro do prazo establecido (ata as 24h do 30 de novembro de 2021). No correo irán dous documentos. Un será a peza co título, sen que conste a autoría da mesma, e o outro a plica onde figuren o título da peza e os datos persoais da autoría (nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico e número de teléfono). No asunto do correo indicarase “II Certame Microteatro da Memoria 2021”. O tipo de letra Arial tamaño 12 cun interliñado de 1.5.

XURADO
O xurado estará conformado pola/o Xefa/e do Servizo de  Dinamización da Lingua Galega da ESAD ou persoa en que delegue, unha/un docente da ESAD e unha persoa que designe a Deputación de Pontevedra.

DIFUSIÓN E DEREITOS DE AUTORÍA.
A ESAD de Galicia disporá da peza gañadora para uso escénico durante o ano seguinte ao desta convocatoria, sempre no ámbito académico e sen prexuízo doutras cesións de uso, se así o decide a autoría.

PROTECCIÓN DE DATOS
Contémplanse ao abeiro dos regulamentos a ese respecto (Lei Orgánica do 5 de Decembro do 2018 sobre a protección de datos).

A participación no certame supón a total aceptación das bases, así como das decisións e valoracións que poidan adoptar as entidades organizadoras e o xurado.

  • Date
    11/11/2020