Portas Abertas Telemáticas

Dirección escénica e dramaturxia
danisalgado@edu.xunta.gal

Interpretación
noeliablanco@edu.xunta.gal

Escenografía
arteaga@edu.xunta.gal
A ESADg organiza esta actividade para dar a coñecer a súa oferta educativa para o curso 2021/22: Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación. Unha oportunidade única para descubrir todo sobre estas opcións formativas e as súas saídas laborais, o funcionamento da escola, así como para resolver calquera dúbida en relación aos estudos e aos procesos de admisión e acceso.
COMO FUNCIONAN?
Cada departamento ofrece unha presentación, dunha hora de duración, a través da plataforma Webex Cisco Meeting (non é preciso ter a aplicación instalada).
Tamén poderás charlar con alumnado matriculado das distintas especialidades para dar resposta a diferentes cuestións:
- Por que realizar estudos de artes escénicas?
- Cal é a oferta educativa da ESADg?
- Que competencias se adquiren en dirección escénica e dramaturxia? E en escenografía e interpretación?
- Cal é a relación co ámbito profesional?
- Como van desenvolverse as probas de acceso?
- Dúbidas e preguntas.
COMO PARTICIPAR?
Confirma a túa asistencia enviandonos un correo electrónico segundo a túa especialidade de interese, co teu nome e apelidos e correo electrónico. O día da reunión, recibirás unha mensaxe dez minutos antes do seu comezo, cun enlace para poder acceder á videoconferencia.
Agardámosvos!!
Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 986 246 399 de 9:00 a 18:00 h.