Biblioteca Itinerante E+

Coa idea de dinamizar a lectura, preséntase esta actividade, que ten como obxectivo o intercambio de libros (e máis), sendo o punto de encontro unha gaiola situada no hall da escola. A maiores de permitir a circulación de libros de man en man, o proxecto ten a particularidade de permutar obxectos cun significado especial: algunha imaxe, algún poema ou calquera obxecto pequeno que pode namorar (e máis).
8 de Novembro de 2023

Coa idea de dinamizar a lectura, preséntase esta actividade, que ten como obxectivo o intercambio de libros e outros obxectos, sendo o punto de encontro unha gaiola situada no hall da escola.

A maiores de permitir a circulación de libros de man en man, o proxecto ten a particularidade de permutar obxectos cun significado especial: algunha imaxe, algún poema ou calquera obxecto pequeno que poida namorar.

Para a inauguración da Biblioteca Itinerante, o primeiro libro que entrará na gaiola será El diablo en la playa, de Ana Vallés, dramaturga e creadora escénica que nos acompañou na inauguración da Escola dando o seu nome a unha das aulas. Acompañarase este libro cun limón escrito na súa pel, por ser o limón un obxecto presente na traxectoria de Vallés.

Convidamos á comunidade educativa a participar neste suxestivo xogo que, sen unha grande ambición, pretende fomentar o intercambio de recursos e coñecementos.

Tamén podería interesarche

A ESAD de Galicia convértese, os días 21 e 22 de marzo, no epicentro da educación teatral no...

As certezas de Ofelia
As certezas de Ofelia

NOVO OBRADOIRO INTEGRADO DE 4º CURSO DA ESAD GALICIA "As certezas de Ofelia", unha peza de Luísa...

A media lúa
A media lúa

UN NOVO OBRADOIRO INTEGRADO DE 4º CURSO DA ESAD GALICIA "A media lúa", obra de Roland...