fbpx

COVID-19

NORMAS BÁSICAS | ESADg

Normas básicas de obrigado cumprimento para toda a comunidade escolar. Máis alá do que se comunica nas Resolucións e Protocolos que emiten as autoridades sanitarias e educativas en relación á prevención da transmisión do COVID, compre destacar algunhas normas básicas de funcionamento diario.

AUTOCONTROL
1. Control persoal diario (febre, tose seca, estar canso, dor de gorxa, diarrea, dor de cabeza, molestias). En caso de ter algúns deses síntomas, chamar ao centro de saúde, e seguir as instrucións que se nos dean. En caso de non poder comunicar,  chamar ao 900 400 116. Se así nolo indican, chamar ao centro de forma inmediata para comunicar a incidencia.
2. Manter a distancia social en todo momento, tanto no acceso ao centro, como na saída do mesmo, e igualmente nas clases (teóricas e prácticas), nos tránsitos polos corredores, e nas entradas e saídas da aula.
3. Uso da máscara en todo momento. Non se pode quitar baixo ningún pretexto.

ACCESOS/ESPAZOS
1. Seguimento dos protocolos establecidos.
2. Acceder ao centro e saír do mesmo polos itinerarios indicados, en ningún caso atallando polo aparcadoiro.
3. Non fumar en todo o recinto escolar, e tampouco no acceso ao centro.

AULAS
1. Ventilar aulas, limpar mesas e cadeiras ao finalizar cada clase, asinar a folla de control en cada aula.
2. Controlar entradas e saídas evitando aglomeracións nos corredores.
3. Non compartir materiais en ningún caso. Non está permitido o uso compartido de útiles escénicos, indumentaria, máscaras, caretas, teas, balóns, paus…, e outros materiais didácticos ou de uso escolar.
4. Evitar xerar situacións de risco en todo momento.

Coidar que todas e todos damos cumprimento a estas normas para tentar manter o COVID lonxe da escola, fóra de aulas e corredores, impedindo que interfira no noso traballo diario. Trasladar a titoras e titores, profesorado ou ao equipo de dirección calquera cuestión, dúbida, problemática ou suxestión que estimedes oportuna.

Equipo COVID-19 | ESADg

Manuel Vieites | Director

  • Coordinación do equipo COVID.
  • Interlocución coa administración.
  • Xestión de peticións en caso de vulnerabilidade.
  • Coordinación do grupo de seguimento COVID-ESAD de Galicia.
  • Difusión dos protocolos ao profesorado, ao alumnado, ao persoal de administración e servizos e ás persoas que poidan visitar o centro.
  • Elaboración e revisión de protocolos.

Cristina Domínguez | Vicedirectora

  • Interlocución cos centros de referencia.
  • Comunicación de casos.
  • Dar conta, na aplicación creada pola Xunta dos casos relacionados coa pandemia.
  • Control dos resultados da auto enquisa do persoal do centro.
  • Envío ao secretario do centro da listaxe de produtos que se necesiten mercar e distribuír, e inventariar o material que se merque para a prevención e hixiene.
  • Coordinación da distribución da cartelería polos corredores e polas aulas e o mantemento da sinalización.
  • Elaboración e revisión de protocolos.

Xavier Castiñeira | Xefe de Estudos

  • Rexistro das ausencias de alumnado e persoal do centro, relacionadas co COVID
  • Traslado ao coordinador TIC de toda aquela información relacionada coa pandemia que teña que subirse a paxina web.
  • Supervisión de que a comunidade educativa mantén dentro da aula as normas que rexen o protocolo de uso de aulas, así como en todo o recinto escolar.
  • Elaboración e revisión de protocolos.

CONTACTO
986 246 399 | esad.galicia@edu.xunta.es

CENTRO MÉDICO DE REFERENCIA
986 821 945 | Centro de Saúde San Paio de Navia (VIGO)

INFORMACIÓN SOBRE A COVID-19
900 400 116 | Xunta de Galicia

⇒ Actualización dos protocolos | CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Plan provisional de adaptación COVID-19 | ESADg

⇓ Plan Provisional de Adaptación

Este plan ten natureza provisional en tanto pode ser sometido a modificacións, melloras ou correccións en función do que suxira ou propoña a autoridade educativa, pero tamén a autoridade sanitaria, e igualmente en función do desenvolvemento e progreso da pandemia. Cando se produzan modificacións que impliquen un novo documento, será comunicado en tempo e forma a toda a comunidade educativa, e as modificacións aparecerán en letra azul).

Plan de continxencia | ESADg

⇓ Plan de Continxencia

Este plan ten por finalidade establecer os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a suspensión da actividade lectiva como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o cese da actividade presencial nun aula/etapa educativa/centro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies