Día Mundial do Teatro

Este venres 22 de marzo celebraremos na ESADg o Día Mundial do Teatro. Durante toda a semana haberá unha instalación (A porra dos María Casares) situada no corredor da entrada. Tamén se realizará nos días previos un Obradoiro de Creación Escénica coordinado por Iván Fernández. E xa o propio día 22 desenvolverase o seguinte programa: […]
21 de Marzo de 2024

Este venres 22 de marzo celebraremos na ESADg o Día Mundial do Teatro.

Durante toda a semana haberá unha instalación (A porra dos María Casares) situada no corredor da entrada. Tamén se realizará nos días previos un Obradoiro de Creación Escénica coordinado por Iván Fernández. E xa o propio día 22 desenvolverase o seguinte programa:

11h30   Acción escénica no hall da entrada

11h45  Mensaxe de Jon Fosse do Día Internacional do Teatro, no anfiteatro exterior.

12h00  Presentación do último número da erregueté, na Sala Pedra Seixa.

12h45  Lectura do Manifesto galego do Día Mundial do Teatro, escrito por Vero Rilo, na entrada da Sala Pedra Seixa.

13h00   Final do Torneo de Narración Oral, coas votacións e a entrega de premios na Pedra Seixa.

14h30   Fin de festa performativo e pinchos na cafetaría.

Tamén podería interesarche

Probas de acceso 2025
Probas de acceso 2025

O prazo de inscrición ás probas de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia xa está...

A ESAD de Galicia convértese, os días 21 e 22 de marzo, no epicentro da educación teatral no...

As certezas de Ofelia
As certezas de Ofelia

NOVO OBRADOIRO INTEGRADO DE 4º CURSO DA ESAD GALICIA "As certezas de Ofelia", unha peza de Luísa...