fbpx

Nude photos

https://freepornpicss.com xxxpicz.com https://megapornx.com/xxx/nude

‘“A consagración da primavera”’

Sábado 18 de maio. 19:00 h. e 21:30 h.
MUSEO DE PONTEVEDRA

A consagración da primavera é o título da intervención que unha trintena de estudantes da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) presentará o sábado no Museo de Pontevedra, unha proposta que pretende amosar un traballo de integración de danza-teatro-música a partir da xa mítica coreografía creada pola bailarina e coreógrafa alemá Pina Bausch no ano 1975 para a Wuppertal Opera Ballet, que máis tarde rebautizaría como o Tanztheater Wuppertal.

Esta iniciativa, prevista para as 19.00 e as 21.30 horas, constitúe un dos actos programados con motivo do Día Internacional dos Museos, e complementarase con visitas guiadas especiais ás coleccións dos edificios Sarmiento e Sexto (ás 11, ás 12, ás 17 e ás 18 horas) sen necesidade de inscrición previa. Ademais, co gaio desa xornada conmemorativa, o Museo de Pontevedra permanecerá aberto ata medianoite.

A proposta da ESAD de Galicia, baseada na coreografía de Pina Baush e adaptada para estudantes de interpretación, achégase aos preceptos da danza-teatro, aínda que respecta as dúas partes nas que se basea a partitura musical e a coreografía: A adoración da terra, que se representará na primeira planta do museo, mentres que O sacrificio escenificarase no hall de entrada ao museo.

A intención é amosar o traballo de Pina Bausch, unha das creadoras máis influentes da escena contemporánea europea do século XX, e que tivo en A consagración da primavera un dos fitos da súa revolucionaria carreira de éxitos internacionais dentro da danza-teatro. A orixe da peza é a composición musical homónima de Ígor Stravinski do ano 1913.

A posta en escena de A consagración da primavera é un proxecto de carácter pedagóxico a cargo dos docentes David Mortol  (escenografía) e Ángeles Gayoso (danza para actrices e actores), que integra as especialidades de Interpretación e Escenografía, coa participación tamén dunha alumna de Dirección Escénica.

Alumnado Escenografía: Carmen Casal Fraga, Denise Freire de Armas, Daniel Rodríguez Iglesias, Sofía Torreiro Naya e María Torres Piñeiro.

Alumnado Interpretación: Eva Mª Barreiro García, Wendy Barros García, Andrea Blanco Dios, Ana Fernández Sánchez, Marcos Grandal Tojeiro, Laura Jamardo Ventoso, Iago Lavandeira García, Jacobo Mo Caeiro, Ignacio Eduardo Pena Maceda, Claudio Rodríguez Suárez, Sonsoles Tordable Otero, Alejandro Álvarez Díaz, Catuxa Fabeiro Pardal, Marcos Daniel Fernández Martínez, Ana Raquel García Pedreira, Esteban González Fernández, Andrea Iglesias Peiteado, Álida Loira Ferradás, Óscar López Serantes, Paola Piñeiro Martínez, Yaiza Portela Costa, Sabela Solla Simón e Marcos Souto Fuentes.

Alumnado de Dirección escénica: Mª Belén Yáñez Mateo.

  • Fecha
    14 May, 2019