O EDIFICIO
O edificio da ESADg é o primeiro dunha serie de tres que van conformar a sede definitiva da institución, e que a vai converter nun centro de referencia en todo o Estado. Foi construído coa colaboración e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A escola conta, entre outras instalacións, cos seguintes espazos:
Auditorio (aforo: 125 butacas), camerinos e almacén técnico.
Teatro ao aire libre.
Aulas prácticas para interpretación, dirección escénica, expresión oral e corporal, danza e música, con equipamento de iluminación e son.
Aulas de escenografía, caracterización e indumentaria.
Aula de deseño por ordenador e aula de debuxo artístico.
Aulas teóricas e de seminarios.
Biblioteca.
Cafetería e comedor.
Vestiarios para alumnado e profesorado.
Salas de xuntas.
Salas para profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.
Salas para departamentos e servizos.
Servizos administrativos e de xestión.
Zonas Verdes.
Tanto alumnado como profesorado pode dispoñer das instalacións, aulas e recursos do centro para a realización de traballos vinculados cos procesos de ensinanza e aprendizaxe, creación e investigación, e con outros proxectos e programas da escola. A solicitude de espazos deberá facerse mediante unha serie de procedementos, tentando en todo momento cumprir as normas de uso establecida en cada caso. Na sección de alumnado e de profesorado, e no apartado de documentos, están dispoñibles os diferentes impresos para solicitar o uso de espazos e recursos.
PROTOCOLO DE USO DO ALMACÉN
Para garantir un uso adecuado do almacén e dos materiais depositados nel, establécense as seguintes normas, aprobadas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica con data do 23 de febreiro de 2016.
PRÉSTAMO
O horario de préstamo será de 16.00 h. a 18.00 h.O servizo será atendido polo profesorado que estea realizando as titorías docentes nese horario, segundo horario dispoñible na páxina web da escola.Os martes o servizo será atendido polo persoal de Conserxería, no mesmo horario.O tempo de que se disporá para recoller material estará limitado polo tempo dispoñible da persoa acompañante.O profesorado poderá acceder directamente ao almacén solicitando as chaves en conserxería.Tanto o profesorado como o alumnado que recolla materiais no almacén deberá cubrir a folla de control do mesmo.
DEVOLUCIÓN
O material debe devolverse unha vez utilizado. Non se pode almacenar nas aulas ou corredores.O profesorado devolverá o material seguindo o mesmo procedemento da recollida.O alumnado poderá devolver o material todos os días entre as 11:45 h. e as 12:45 h., solicitando do persoal de Conserxería que os acompañen ao almacén. De non ser posible, poderá devolver o material en horario de tarde.O alumnado e o profesorado deixarán o material no mesmo lugar e no mesmo estado en que se recolleu. A roupa, de ser o caso, debe lavarse. Debe igualmente asinarse a folla de entrega indicando a data.
BIBLIOTECA
A escola conta cun fondo bibliográfico e documental de máis de 7.700 rexistros, que ofrece apoio na docencia e na investigación ao alumnado e ao profesorado, así como aos investigadores e profesionais das artes escénicas. Un espazo que conta cunhas instalacións para 40 postos de traballo, con ordenadores e conexión a Internet.

HORARIO
Luns e xoves | 11:30 – 12:30 (só como sala de lectura e consulta).
Luns, mércores e xoves | 15:00 – 19:00 (sala de lectura, consulta, préstamos e devolucións).
COORDINACIÓN DO SERVIZO DE BIBLIOTECA
Almudena Pérez de Oliveira
—
Telf.: 986 246 399 (Ext. 29)
biblioteca@esadgalicia.com