Estrea e xira de “Na hora dos cans”

O xoves 6 de xuño estréase, no Teatro Carlos Alberto do Porto, a peza “Na hora dos cans”, produción do proxecto NÓS/NOUS con dramaturxia de Ana Carreira e dirección de Nuno M. Cardoso, na que participa alumnado da nosa escola A rebelión e o porvir son as ideas-chave do espectáculo, inspirado nas vivencias das participantes, […]
25 de Maio de 2024

O xoves 6 de xuño estréase, no Teatro Carlos Alberto do Porto, a peza “Na hora dos cans”, produción do proxecto NÓS/NOUS con dramaturxia de Ana Carreira e dirección de Nuno M. Cardoso, na que participa alumnado da nosa escola

A rebelión e o porvir son as ideas-chave do espectáculo, inspirado nas vivencias das participantes, alumnado da ESAD de Galicia, a ENSATT de Lyon, a ESMAE do Porto e a ESTC de Lisboa.

O proxecto NÓS/NOUS pretende mellorar o intercambio artístico entre diversos teatros e escolas portuguesas, francesas e galegas, promovendo a profesionalización e internacionalización do estudantado no período final do seu percorrido académico.

Tamén podería interesarche

Mostras de outono 2025
Mostras de outono 2025

As Mostras de outono son un proceso de remate de cuadrimestre e unha oportunidade de observar o...

A ESAD de Galicia convértese, os días 21 e 22 de marzo, no epicentro da educación teatral no...