As Mostras de outono son un proceso de remate de cuadrimestre e unha oportunidade de observar o traballo do alumnado que se encontra co público. «Traballos escénicos do alumnado e aulas abertas» é un convite a asistires a traballos de aula ou espectáculos que se presentan como Traballo de Fin de estudos do alumnado. Son xornadas de portas abertas ao centro, de convivencia e de difusión teatral de traballos de diferentes cursos.






