Probas extraordinarias de acceso á ESAD

Xa está aberto, até o 1 de setembro de 2025, o prazo de inscrición ás probas extraordinarias de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia, tanto para a especialidade de Dirección escénica e dramaturxia como para a especialidade de Escenografía.
28 de Xullo de 2025

Se desexas cursar a especialidade de Dirección escénica e dramaturxia ou a especialidade de Escenografía, aínda estás a tempo!

O prazo de inscrición ás probas extraordinarias de acceso está aberto até o 1 de setembro.

As probas terán lugar o venres 5 de setembro de 2025.

Para coñecer mellor os contidos das probas e os procedementos de inscrición e admisión, preme aquí.

 

Tamén podería interesarche

A ESAD de Galicia convértese, os días 21 e 22 de marzo, no epicentro da educación teatral no...

As certezas de Ofelia
As certezas de Ofelia

NOVO OBRADOIRO INTEGRADO DE 4º CURSO DA ESAD GALICIA "As certezas de Ofelia", unha peza de Luísa...

A media lúa
A media lúa

UN NOVO OBRADOIRO INTEGRADO DE 4º CURSO DA ESAD GALICIA "A media lúa", obra de Roland...