Xornadas de Portas Abertas

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza novamente as Xornadas de Portas Abertas, unha actividade que permite visitar o noso centro e coñecer dunha maneira participativa a nosa oferta académica nos graos de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación Textual e Xestual.
21 de Febreiro de 2024

Estas Xornadas están destinadas tanto a alumnado de centros educativos como a persoas interesadas en coñecer os nosos estudos. Se tes interese en participar nunha destas visitas, contacta connosco a través do enderezo electrónico: esad.galicia@edu.xunta.gal

Tamén podería interesarche

Mostras de outono 2025
Mostras de outono 2025

As Mostras de outono son un proceso de remate de cuadrimestre e unha oportunidade de observar o...

A ESAD de Galicia convértese, os días 21 e 22 de marzo, no epicentro da educación teatral no...