A ESCOLA
Instalacións
O Edificio
O edificio da ESADg é o primeiro dunha serie de tres que van conformar a sede definitiva da institución, e que a vai converter nun centro de referencia en todo o Estado. Foi construído coa colaboración e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A escola conta, entre outras instalacións, cos seguintes espazos:
- Auditorio (aforo: 125 butacas), camerinos e almacén técnico.
- Teatro ao aire libre.
- Aulas prácticas para interpretación, dirección escénica, expresión oral e corporal, danza e música, con equipamento de iluminación e son.
- Aulas de escenografía, caracterización e indumentaria.
- Aula de deseño por ordenador e aula de debuxo artístico.
- Aulas teóricas e de seminarios.
- Biblioteca.
- Cafetería e comedor.
- Vestiarios para alumnado e profesorado.
- Salas de xuntas.
- Salas para profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.
- Salas para departamentos e servizos.
- Servizos administrativos e de xestión.
- Zonas verdes.
Tanto alumnado como profesorado pode dispoñer das instalacións, aulas e recursos do centro para a realización de traballos vinculados cos procesos de ensinanza e aprendizaxe, creación e investigación, e con outros proxectos e programas da escola. A solicitude de espazos deberá facerse mediante unha serie de procedementos, tentando en todo momento cumprir as normas de uso establecida en cada caso. Na sección de alumnado e de profesorado, e no apartado de documentos, están dispoñibles os diferentes impresos para solicitar o uso de espazos e recursos.
Biblioteca Álvaro Cunqueiro
A escola conta cun fondo bibliográfico e documental de máis de 7.700 rexistros, que ofrece apoio na docencia e na investigación ao alumnado e ao profesorado, así como aos investigadores e profesionais das artes escénicas. Un espazo que conta cunhas instalacións para 40 postos de traballo, con ordenadores e conexión a Internet.
Horario
Luns a venres | 09:30 – 13:30 (só como sala de lectura e consulta).
Luns, mércores e xoves | 15:00 – 19:00 (sala de lectura, consulta, préstamos e devolucións).
Coordinación do servizo de biblioteca
Mª Carmen Abizanda Losada
Telf.: 986 246 399 (Ext. 29)
biblioteca@esadgalicia.com