MOBILIDADE
Internacional
Mobilidade internacional
A ESADg conta cun departamento específico para atender os procesos de mobilidade do seu alumnado, profesorado e persoal de servizos. En relación a estes programas na actualidade temos en marcha a Acción KA1, que promove a mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, e ten a finalidade fortalecer o marco do Espazo Europeo de Educación Superior converténdoo nun referente de calidade e innovación. O noso obxectivo como centro enmárcase na participación na vida democrática, valores comúns e compromiso cívico. Para tal fin pon en marcha diversas estratexias, entre as que destacan, por unha banda, a mobilidade de estudantes, persoal docente e de administración e servizos; por outra, a cooperación multilateral entre centros de ensino superior europeos.
Erasmus Charter for Higher Education 2021-2027
A ESADg foi incluída na rede ITI / UNESCO para a educación superior nas artes escénicas, que se centra na construción dunha plataforma global para que as institucións de educación superior atopen un espazo de encontro e aprendizaxe común. Tamén facilita a organización de intercambios entre profesionais, artistas e estudantes, ademais de tratar temas de interese nos diversos eidos académicos, artísticos e institucionais. Esta rede apoia as artes escénicas nos países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento, facendo especial fincapé en África, contribuíndo a mellorar a accesibilidade da educación nas artes escénicas: ITI/UNESCO, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
ITI/UNESCO Network for Higher Education in the Performing Arts
Información de interese
INTERNATIONAL OFFICE
Xefatura do Departamento de Mobilidade e Transición: Laura Míguez Escudero
Xestión do proxecto Erasmus+: Álvaro Rodríguez Carballo
—
Teléfono: +34 886 121 970
Correo electrónico: internacional.esad.galicia@edu.xunta.gal
Instagram: @international.esadg
Procedemento para alumnado e profesorado saínte
Para todas as mobilidades saíntes, o prazo de presentación comeza o día de celebración das Xornadas Erasmeiras (a finais do mes de Outubro) e remata cando se indique na convocatoria de mobilidades de cada ano.
Tanto as bases como os baremos de selección detállanse na propia convocatoria, que se presenta a continuación.
Convocatoria 2027-2028
Escolas con convenio coa ESADg
- Academy of Arts in Banská Bystrica (Banská Bystrica, Eslovaquia)
- Akademie múzických umění v Praze (Praga, República Checa)
- Anadolu University (Eskişehir, Turquía)
- Conservatoire royal de Bruxelles (Bélxica)
- Cooperativa de Ensino Superior Artístico do Porto ESAP (Portugal)
- Doğuş University (Istambul, Turquía)
- École supérieure d’art dramatique du Théâtre National de Bretagne (Rennes, Francia)
- Hochschule für Musik Franz Liszt Weimar (Alemaña)Instituto Politécnico de Coimbra (Portugal)
- Instituto Politécnico do Porto (Portugal)
- Istanbul Beykent University (Istambul, Turquía)
- Janáčkova akademie múzických umění v Brně (Brno, República Checa)
- Latvian Academy of Culture (Riga, Letonia)
- Lithuanian Academy of Music and Theater (Vilnius, Lituania)
- National Academy of Art Sofia (Bulgaria)
- Trabzon University (Trebisonda, Turquía)
- Uniarts, The University of the Arts, Helsinki (Finlandia)
- Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Vila Real, Portugal)
- Universidade do Minho (Portugal)
- Universidade Federal do Rio de Janeiro (Brasil)
- Universidad Nacional de las Artes (Buenos Aires, Arxentina)
- Universität für Musik un darstellende Kunst Graz (Austria)
- University of Theater and Film Arts SZFE (Budapest, Hungría)
- Uniwersytet Artystyczny im. Magdaleny Abakanowicz w Poznaniu (Poznań, Polonia)
- Vilnius College of Design (Lituania)

