Axenda Cultural
II Encontro CIBER.gal
CIBER.gal é o nodo de ciberseguridade galego conformado polas administracións públicas galegas e institucións privadas, o seu obxectivo é favorecer unha contorna...
CDG-LAB
A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e o Centro Dramático Galego únense para reforzar a formación dos novos profesionais da escena, coa posta en marcha de CDGLab, para facilitar aos/á futuros/as profesionais da escena a adquisición de competencias máis alá das impartidas no ámbito académico, a prol da súa incorporación ao mercado laboral.
Dramaturxias itinerantes
O programa Dramaturxias itinerantes, iniciado en 2019, é froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e ten como obxectivo promover un mellor coñecemento mutuo da escrita teatral máis contemporánea de Galicia e Portugal.
Proxecto Nós-Nous
O Proxecto Nós-Nous é un proxecto internacional que pretende afondar no intercambio de cultura teatral entre Galicia, Portugal e Francia, considerándoo como un territorio escénico común. É un proxecto que promove a profesionalización e internacionalización do alumnado ao final da súa carreira académica, en contacto con creadores de renome internacional.