OFERTA FORMATIVA
Dirección escénica e dramaturxia
Ensinanzas superiores
Dirección escénica e dramaturxia
A Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia equivale á titulación de Grao Universitario. Si quieres estudiar dirección escénica e dramaturxia, esta carrera está orientada, segundo o Decreto 179/2015, ao desenvolvemento das seguintes competencias:
- Concibir propostas escénicas que fundamentan o espectáculo, xerando e analizando conceptos, textos e imaxes. Valorar as súas propiedades representativas e a súa calidade estética.
- Proxectar a composición do espectáculo. Utilizar todos os coñecementos estéticos e técnicos necesarios sobre as diversas linguaxes que participan na representación.
- Planificar e conducir o proceso xeral de creación do espectáculo, aplicando a metodoloxía de traballo pertinente.
- Planificar e desenvolver programas de educación e animación teatral.
- Investigar para concibir e fundamentar o proceso creativo persoal, tanto no que se refire á metodoloxía de traballo canto á renovación estética.
- Estudar o feito escénico a partir de diferentes métodos e coñecer aspectos básicos da investigación escénica.
O Plan de Estudos da Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e Dramaturxia aparece recollido no Decreto 179/2015 (DOG do 7 de decembro de 2015), e o seu desenvolvemento reflíctese nas programacións docentes de cada unha das materias que o integran, segundo se presenta na correspondente táboa.
1º Curso – Dirección escénica e dramaturxia
DISCIPLINA | MATERIA | CRÉDITOS ECTS | HORAS | |
---|---|---|---|---|
Composición escénica I | Prácticas de escenificación | 3 | 3 | |
Composición escénica II | Prácticas de escenificación | 3 | 3 | |
Dramaturxia I | Dramaturxia | 5 | 4 | |
Escenificación I | Escenificación | 6 | 6 | |
Escrita dramática I | Prácticas de escrita dramática | 3 | 3 | |
Escrita dramática II | Prácticas de escrita dramática | 3 | 3 | |
Interpretación I | Sistemas de interpretación | 5 | 4 | |
Literatura dramática I | Historia e teoría da literatura dramática | 6 | 4 | |
Movemento expresivo I | Movemento | 2.5 | 3 | |
Movemento expresivo II | Movemento | 2.5 | 3 | |
Música e canto I | Música e canto | 2.5 | 3 | |
Música e canto II | Música e canto | 2.5 | 3 | |
Técnica vocal e dicción | Voz | 5 | 6 | |
Teoría e análise dramática | Historia e teoría da literatura dramática | 5 | 4 | |
Teorías do espectáculo I | Teorías do espectáculo e da comunicación | 3 | 4 | |
Teorías do espectáculo II | Teorías do espectáculo e da comunicación | 3 | 4 | |
TOTAL | 60 | 60 |
2º Curso – Dirección escénica e dramaturxia
DISCIPLINA | MATERIA | CRÉDITOS ECTS | HORAS | |
---|---|---|---|---|
Escenificación II | Escenificación | 8 | 6 | |
Interpretación II | Sistemas de interpretación | 2.5 | 3 | |
Interpretación III | Sistemas de interpretación | 2.5 | 3 | |
Prácticas de escenificación | Prácticas de escenificación | 6 | 4 | |
Escrita dramática III | Prácticas de escrita dramática | 3 | 3 | |
Escrita dramática IV | Prácticas de escrita dramática | 3 | 3 | |
Historia da posta en escena | Historia das artes do espectáculo | 5 | 4 | |
Literatura dramática II | Historia e teoría da literatura dramática | 3 | 4 | |
Literatura dramática III | Historia e teoría da literatura dramática | 3 | 4 | |
Teoría e historia da arte I | Historia e teoría da literatura dramática | 3 | 4 | |
Teoría e historia da arte II | Historia e teoría da literatura dramática | 3 | 4 | |
Dirección de actores/actrices I | Dirección de actores/actrices | 9 | 10 | |
Dirección de actores/actrices II | Dirección de actores/actrices | 3 | 4 | |
Dramaturxia II | Dramaturxia | 6 | 4 | |
TOTAL | 60 | 60 |
3º Curso – Dirección escénica e dramaturxia
DISCIPLINA | MATERIA | CRÉDITOS ECTS | HORAS | |
---|---|---|---|---|
Espazo escénico I | Escenografía | 3 | 3 | |
Espazo escénico II | Escenografía | 3 | 3 | |
Espazo sonoro | Música e espazo sonoro | 6 | 4 | |
Tecnoloxía escénica | Tecnoloxía aplicada ás artes do espectáculo | 6 | 4 | |
Historia das artes do espectáculo I | Historia das artes do espectáculo | 4 | 4 | |
Historia das artes do espectáculo II | Historia das artes do espectáculo | 4 | 4 | |
Iluminación I | Escenografía | 3 | 4 | |
Iluminación II | Escenografía | 3 | 4 | |
Produción e xestión I | Produción e xestión | 3 | 4 | |
Produción e xestión II | Produción e xestión | 3 | 4 | |
Coreografía e danza I | Movemento | 3 | 3 | |
Coreografía e danza II | Movemento | 3 | 3 | |
TOTAL (materias comúns) | 44 | 44 |
3º Curso – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dirección escénica
DISCIPLINA | MATERIA | CRÉDITOS ECTS | HORAS | |
---|---|---|---|---|
Escenificación III | Escenificación | 6 | 4 | |
Prácticas de dirección de escena I | Prácticas de escenificación dramatúrxia | 1 | 2 | |
Dramaturxia | 2 | |||
Prácticas de dirección de escena II | Prácticas de escenificación | 7 | 8 | |
TOTAL | 16 | 16 |
3º Curso – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dramaturxia
DISCIPLINA | MATERIA | CRÉDITOS ECTS | HORAS | |
---|---|---|---|---|
Escrita dramática V | Prácticas de escrita dramática | 3 | 4 | |
Escrita dramática VI | Prácticas de escrita dramática | 3 | 5 | |
Dramaturxia III | Dramaturxia | 5 | 4 | |
Dramaturxia IV | Dramaturxia | 5 | 3 | |
TOTAL | 16 | 16 |
4º Curso – Dirección escénica e dramaturxia
DISCIPLINA | MATERIA | CRÉDITOS ECTS | HORAS | |
---|---|---|---|---|
Deseño do personaxe I | Deseño do personaxe | 4 | 4 | |
Deseño do personaxe II | Deseño do personaxe | 2 | 2 | |
Pedagoxía teatral I | Pedagoxía | 3 | 4 | |
Pedagoxía teatral II | Pedagoxía | 3 | 4 | |
Introdución á investigación escénica I | Pedagoxía | 2 | 2 | |
Introdución á investigación escénica II | Pedagoxía | 2 | 2 | |
Análise de espectáculos | Historia das artes do espectáculo | 4 | 4 | |
Dirección de proxectos escénicos | Optativa | 3 | 3 | |
Deseño de espectáculos multidisciplinares | Optativa | 3 | 3 | |
TOTAL | 26 | 28 |
4º Curso – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dirección escénica
DISCIPLINA | MATERIA | CRÉDITOS ECTS | HORAS | |
---|---|---|---|---|
Obradoiro de escenificación I | Prácticas de escenificación Prácticas de escrita dramática |
5 5 |
10 | |
Obradoiro de escenificación II | Prácticas de escenificación | 12 | 10 | |
Traballo fin de estudos | 12 | 12 | ||
TOTAL | 34 | 32 |
4º Curso – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dramatúrxia
- Creación e/ou dirección de espectáculos en todas as artes escénicas: teatro, danza, ópera, circo, ballet, presentacións e accións escénicas.
- Creación e/ou dirección no audiovisual: cine, radio, televisión, vídeo, publicidade e outros medios.
- Creación e adaptación de textos e outros materiais para a creación escénica, audiovisual e de animación.
- Dirección e asesoría en repertorios, selección de persoal e programación escénica; dirección de teatros e auditorios.
- Dirección e asesoría en proxectos de ocio e entretemento. Produción e xestión teatral e/ou audiovisual.
- Docencia teatral e investigación no eido das artes escénicas.
O perfil profesional definido na especialidade de dirección escénica e dramaturxia corresponde ao dun/dunha artista que contempla no seu conxunto o proceso de creación teatral e comprende, utiliza, coordina e xestiona as diversas linguaxes que participan na creación dun espectáculo.
Desenvolve un proxecto artístico persoal ao mesmo tempo que, coa posible colaboración dos/das artistas e especialistas, harmoniza e dispón os diferentes elementos da creación escénica nun espazo e nun tempo determinados, tratando de suscitar no/na espectador/a emocións, sensacións e ideas a través da palabra e a imaxe.
Este/a profesional estará capacitado/a para o exercicio da investigación e da docencia.
A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, centro de ensino público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece as ensinanzas oficiais de Arte Dramática reguladas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e no Real Decreto 630/2010, que conducen á obtención dunha Títulación Superior en Arte Dramática, equivalente a todos os efectos ao título universitario de Grao.
Na Comunidade Autónoma de Galicia as ensinanzas están reguladas polo Decreto 179/2015 (Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro de 2015) e pola Orde do 21 de novembro de 2016 (DOG do 1 de decembro de 2016).