PROBAS DE ACCESO

Convocatoria ordinaria

 

Probas ordinarias de acceso ás ensinanzas da ESAD de Galicia 2026

O luns 27 de abril de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026-2027.

Mediante a antedita RESOLUCIÓN convocáronse as probas de acceso para as tres especialidades que a ESAD de Galicia ten implantadas:

  • Dirección escénica e dramaturxia
  • Escenografía
  • Interpretación

Desde o 28 de abril de 2026 ata o 16 de xuño de 2026, ambos días incluídos, estará aberto o prazo de inscrición nas probas.

Toda a información referente ao procedemento das probas de acceso estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/).

Prazas ofertadas na convocatoria ordinaria de xullo

Para o curso 2026-2027, a ESAD de Galicia ofertará o seguinte número de prazas no primeiro curso das tres especialidades que ten implantadas: 

  • Dirección escénica e dramaturxia: 12 prazas
  • Escenografía: 12 prazas
  • Interpretación: 28 prazas

    Reservarase un 10% das prazas ofertadas en cada especialidade para as persoas aspirantes que superen a proba específica de acceso e que acrediten o recoñecemento oficial dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. As prazas reservadas para estas persoas aspirantes que non poidan ser adxudicadas serán ofrecidas ás demais persoas aspirantes pola orde que lles corresponda.

    As persoas aspirantes que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación para a realización das probas de acceso, de acordo co establecido no artigo 8 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes. Para tal efecto, as persoas aspirantes deberán presentar no prazo de inscrición a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

    Reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade para o acceso das persoas aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento que reúnan os requisitos académicos establecidos, conforme o indicado no artigo 9 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes.

    Requisitos de acceso á convocatoria ordinaria

    De acordo co establecido no artigo 7 da Lei 1/2024, do 7 de xuño, para acceder aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores de arte dramática será preciso:

    a) Estar en posesión dalgún destes documentos:

    • Título de bacharel.
    • Título de ensinanzas artísticas superiores.
    • Título universitario.
    • Título de técnico superior.
    • Título declarado equivalente ou homologado aos anteriores títulos. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse copia da credencial de homologación ao título correspondente do sistema educativo español ou, de ser o caso, do volante de inscrición condicional expedido polo órgano competente.
    • Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
    • Certificación académica do bacharelato, con indicación de materias pendentes.

    b) Ter superado unha proba específica de acceso á especialidade á que se opte, proba na que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, as capacidades, as habilidades e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.

    Procedemento de acceso e admisión

    Velaquí a estrutura do procedemento de acceso e admisión á convocatoria ordinaria das ensinanzas da ESAD de Galicia.

    1) FASE DE INSCRICIÓN

    Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a presentación electrónica da documentacón requirida. O acceso a dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para tal efecto.

    EN BLANCO

     

    Documentación requirida na inscrición

    As persoas solicitantes deberán achegar durante o prazo de inscrición, ademais da solicitude, a seguinte documentación:

    1) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.

    2) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante. En tal caso, é imprescindible a acreditación da representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

    3) Xustificante do pagamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), segundo un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso:

    Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías dos centros).

    Modelo AI.

    Modelos 730 e 731, xerados electronicamente na Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

    GUÍA PARA O PAGAMENTO DAS TAXAS en OVT.ATRIGA.GAL

    1. Acceder á web da Oficina Virtural Tributaria na dirección ovt.atriga.gal

    2. Dentro da opción Pago de taxas e prezos, premer no botón Iniciar taxa e seleccionar a opción de Acceso libre.

    3. Premer no botón Iniciar taxa.

    4. Cubrir cos seguintes datos:

    Taxa: 352500 – ENSINANZAS REGRADAS DE ARTE DRAMÁTICA

    Consellería: 07 – EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    Servizo: 03 – ENSINO MEDIO

    Delagación:v41 – VIGO

    Obxecto: PROBAS DE ACCESO Á ESAD DE GALICIA

    A ingresar: 64,00

    5. Premer Continuar.

    6. Cubrir os datos identificativos e premer Continuar.

    7. Aparecerán entón dúas opcións de pago: Pago telemático ou Descargar modelo presencial para imprimir e efectuar o pago nunha entidade financeira colaboradora ou mediante transferencia bancaria.

    8. Unha vez feito o trámite, obterase o xustificante do pago.

    4) Documentación xustificativa do requisito de titulación. As persoas solicitantes deberán presentar, polo menos, un dos seguintes documentos:

    Título de Bacharel.

    Título de ensinanzas artísticas superiores.

    Título universitario.

    Título de técnico superior.

    Titulo declarado equivalente ou homologado aos anteriores títulos. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse copia da credencial de homologación ao título correspondente do sistema educativo español ou, de ser o caso, do volante de inscrición condicional expedido polo órgano competente.

    Certificación de ter superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.

    Certificación académica do bacharelato, con indicación de materias pendentes.

    5) Documentación específica segundo corresponda.

    Para resolver calquera dúbida en relación coa inscrición, as persoas que así o desexen poderán poñerse en contacto coa administación da escola a través do número de teléfono 886 12 19 70 ou enviar un correo electrónico a esad.galicia@edu.xunta.gal

    Procedemento de inscrición

    Unha vez cargada a documentación preceptiva e completada a solicitude na aplicación informática «EAS», deberase finalizar e xerar o documento de solicitude de inscrición. Esta solicitude, debidamente asinada, presentarase na Administración da ESAD de Galicia dentro do prazo establecido.

    Dado que a documentación requirida para o procedemento se tivo que incorporar electronicamente en «EAS» no momento de cubrir a solicitude, non será necesario volver a meala no centro, sen prexuízo das actuacións de comprobación e validación que correspondan.

    A solicitude entenderase presentada na data que figure como entrada no Rexistro da ESAD de Galicia. No caso de persoas menores de idade, a solicitude deberá ser xerada e presentada polas persoas que exerzan a representación legal, que deberán mear esta condición por calquera medio válido en dereito, conforme a normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    As persoas solicitantes que non teñan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros de inscrición.

    As solicitudes de inscrición debidamente formalizadas terán carácter único e vinculante para o curso académico 2026/27, sen posibilidade de modificación unha vez finalizado o prazo de inscrición establecido nesta resolución.

    Considerarase válida unicamente a última solicitude formalizada para a ensinanza artística superior e proba específica correspondente, dentro do prazo de inscrición. Quedarán sen efecto as anteriormente presentadas.

    Para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, o prazo de inscrición finalizará o 16 de xuño de 2026, incluído.

    Concluído o prazo de presentación de solicitudes de inscrición, a Dirección Xeral de Formación Profesional, a través do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, publicará na aplicación informática EAS a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas. Tamén se publicará no taboleiro de anuncios da ESAD de Galicia.

    As persoas interesadas disporán de dous (2) días de prazo de reclamación desde o día seguinte ao da publicación da listaxe provisional para emendar as causas que motivaron a súa exclusión. Esta reclamación presentarase na Secretaría da ESADg e irá dirixida á Dirección Xeral de Formación Profesional.

    As alegacións entenderanse resoltas e notificadas para todos os efectos coa publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, tanto na aplicación EAS como no taboleiro de anuncios da ESAD de Galicia.

    2) FASE DE PROBAS

    A partir do 6 de xullo de 2026 realizaranse as probas específicas para cada especialidade (Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación) segundo o calendario e horarios que se indican máis abaixo. Logo de se realizaren as probas:

    • O 13 de xullo de 2026 publicarase (neste link e no taboleiro de anuncios da ESADg)  a listaxe provisional de cualificacións da proba específica.
    • Habilitarase un período de reclamación contra a listaxe provisional os días 14 e 15 de xullo, ambos incluídos.
    • O día 20 de xullo publicarase (neste link e no taboleiro de anuncios da ESADg) a listaxe definitiva de cualificacións.

    3) FASE DE ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA

    Ao rematar a fase anterior, a Dirección Xeral de Formación Profesional publicará o día 21 de xullo de 2026 a listaxe de adxudicacións de plazas.

    As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 22 e 24 de xullo de 2026, ambos incluídos.

    GUÍA PARA LA INSCRIPCIÓN

    Para máis información, pódese consultar esta Guía para a inscripción nas probas de acceso a todas las enseñanzas artísticas superiores de Galicia.

    Descrición das probas

    EN BLANCO

     

    Dirección escénica e dramaturxia

    DATA PROBAS: Luns, 7 de setembro de 2026

    As probas de acceso  para a especialidade de Dirección escénica e dramaturxia presentan a estrutura que se indica a continuación.

    9:00 Recepción das aspirantes, condución ao espazo de realización das probas, información sobre os exercicios e comprobación da identidade das aspirantes. É necesario presentar o D.N.I. ou no seu defecto calquera documento de identificación persoal.

    9:30 EXERCICIO 1. Comentario dun texto teórico sobre a dirección escénica e/ou a dramaturxia (20% da nota final).
    Nesta proba presentaranse dous fragmentos textuais de dúas obras diferentes. As aspirantes elixirán un deles e realizarán o comentario durante un tempo máximo de 60 minutos.

    • Manual de práctica teatral feminista, de Elaine Aston. Editorial Galaxia.
    • Pensar co corpo, de Manuel Lourenzo. Deputación Provincial da Coruña.

    Valorarase a comprensión da idea principal e das secundarias do texto, así como a presentación de opinións persoais respecto aos argumentos expostos. Tamén se avaliará se a aspirante é quen de situar o discurso do/a autor/a do texto no marco das artes escénicas ou doutras artes afíns, establecendo relacións con prácticas, teorías ou experiencias persoais que a aspirante coñeza.

    10:45 EXERCICIO 2. Realización dunha proposta de escenificación (20% da nota final).
    Neste exercicio presentaranse dous fragmentos, un de cada un dos seguintes textos:

    Cada aspirante elixirá un dos fragmentos presentados e, a partir del, formulará a súa proposta, tendo en conta o marco xeral da peza dramática á que pertence.

    Valorarase a coherencia entre a visión particular da aspirante sobre o texto proposto e a súa resolución do proxecto escénico. Así, é recomendable que o proxecto sitúe a escena no contexto da obra completa á que pertence, que aclare os núcleos de interese dese fragmento, que indique o enfoque escénico polo que se opta e que detalle as solucións artísticas escollidas. Neste sentido, é  importante articular unha proposta na que diversos elementos da linguaxe escénica (interpretación, espazo escénico, vestiario, iluminación, espazo sonoro…) se vexan reflectidos, xustificando tales eleccións e poñéndoas en relación unhas con outras.

    12:00 EXERCICIO 3. Escrita dun texto dramático (20% da nota final).
    Neste exercicio presentaranse, como nos casos anteriores, dúas opcións. En cada unha ofreceranse certos parámetros a partir dos cales se terá que desenvolver a escrita dunha escena ou peza breve. Eses parámetros poden ser de diversa natureza. Poden consistir nunha determinada estrutura de acción na que se indiquen os actantes fundamentais (suxeito/protagonista, opoñentes/antagonistas, axudantes, etc.). Poden delimitar certos personaxes nun espazo determinado. Poden consistir nunha réplica, suceso ou referencia que desencadee a acción dramática.

    Sexan cales foren as pautas iniciais que se presenten neste exercicio, valorarase a adaptación da escrita dramática a esas premisas dadas, así como o grao de coherencia e sentido da proposta.

    13:30 EXERCICIO 4. Dirección actoral dunha composición escénica breve (20% da nota final).
    Cada aspirante dirixirá unha composición escénica a partir dun breve diálogo proposto polo tribunal. Para a realización desta proposta, cada aspirante contará coa colaboración doutras dúas persoas aspirantes, que actuarán como intérpretes. Recoméndase indicar, ao inicio do exercicio, as claves xerais da situación escénica e, máis tarde, a partir da observación do traballo actoral, propor novas indicacións que vaian mellorando os resultados obtidos.

    O exercicio desenvolverase durante un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10.

    16:00 – 20:00 EXERCICIO 5. Entrevista persoal (20% da nota final).

    Logo de ser publicada a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas das probas de acceso, notificaráselle a cada aspirante o horario de realización da súa entrevista, dunha duración aproximada de 30 minutos.

    Nesta proba, cada aspirante lerá en voz alta, diante do tribunal, os tres exercicios escritos. Ao remate desa lectura, o tribunal poderá facer preguntas sobre eses contidos.

    Logo, cada aspirante fará, durante un máximo de 5 minutos, unha presentación de si mesma na que, ademais de datos persoais, indique que motivos a levan a querer entrar na escola, por cal das opcións ten maior interese (dirección escénica ou dramaturxia) no caso de telo claro, cales son as súas experiencias ou referencias artísticas, que dispoñibilidade terá para o seguimento dos estudos… Logo desta presentación, o tribunal poderá efectuar algunha pregunta que axude a completar ou precisar a información trasladada pola aspirante.

    EN BLANCO

     

    Escenografía

    DATA PROBAS: Luns, 7 de setembro de 2026

    Todos os soportes e materiais necesarios para o desenvolvemento destas probas deberán ser achegados por cada aspirante

    9:00 Recepción das aspirantes, condución ao espazo de realización das probas, información sobre os exercicios e comprobación da identidade das aspirantes. É necesario presentar o D.N.I. ou no seu defecto calquera documento de identificación persoal.

    9:15 EXERCICIO 1. Debuxo ao natural a cor (40% da cualificación final).
    A partir dunha proposta comunicada polo tribunal ao inicio da proba (unha imaxe, unha peza musical, un poema, etc.), as aspirantes deberán realizar un debuxo libre ao natural a cor. A elección do soporte será libre (bidimensional ou tridimensional, papel, cartón, madeira, etc.) pero o tamaño mínimo será o formato A3. A técnica a empregar tamén será libre (acuarela, gouache, acrílico, lapis de cores, pasteis, collage, frottage, grattage, rotuladores, etc.).

    11:15 DESCANSO

    11:45 EXERCICIO 2. Deseño de escenografía (40% da cualificación final).
    A partir dun fragmento dun texto dramático facilitado polo tribunal ao inicio da proba, as aspirantes deberán realizar unha proposta de deseño do espazo escénico e das personaxes. A elección do soporte será libre (bidimensional ou tridimensional) pero o tamaño mínimo será o formato A3. A técnica a empregar tamén será libre (construción, ensamblaxe, collage, pintura, etc.).

    13:45 ENTREVISTA PERSOAL (20% da cualificación final).
    Cunha duración non superior a vinte minutos, terá como finalidade coñecer as experiencias previas dos aspirantes no ámbito das artes plásticas e no campo escénico, así como os seus intereses e expectativas en relación cos estudos. Valorarase a achega por parte das aspirantes dun cartafol con traballos plásticos e/ou experiencias relacionadas co feito teatral ou artístico que considere oportunos aportar ao tribunal.

    EN BLANCO

     

    Interpretación

    DATAS DAS PROBAS: 6 ao 8 de xullo de 2026

    As persoas aspirantes ás probas de acceso á especialidade de Interpretación dividiranse en catro grupos. Aquí están os horarios de realización das probas para cada grupo.

    NORMAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

    • Todas as persoas aspirantes deberán presentar o seu DNI ou NIE en vigor para poder seren identificadas e acceder ás probas.

    • Todo o alumnado aspirante acudirá con roupa deportiva cómoda (preferiblemente de cores escuras) e calzado deportivo apto para correr sobre asfalto. Levará o pelo recollido, sen xoias, piercings nin reloxos.

    • Débese ter en conta que, para a realización de determinados exercicios, pode ser necesario descalzarse.

    • Aconséllase traer auga nun envase que leve o nome da persoa aspirante.

    • Todas as persoas aspirantes deberán ser puntuais nas probas en grupo e na entrevista.

    ESTRUTURA DAS PROBAS

    As probas de acceso á especialidade de Interpretación desenvolveranse durante varios días e presentan a estrutura que se indica a continuación:

    EXERCICIO 1. Corpo (30 % da cualificación final)

    Realizaranse diversas propostas prácticas de traballo orientadas a analizar as aptitudes corporais, a creatividade no movemento e o nivel de interacción co grupo de cada unha das persoas aspirantes.

    EXERCICIO 2. Voz (30 % da cualificación final)

    Realizaranse diversas propostas prácticas de traballo orientadas a analizar a conciencia e o uso da respiración, a calidade vocal e a comprensión e expresión lectoras. Será necesario traer ben memorizado o texto proposto. Canto: afinación, emisión, concentración, oído interno e memoria.

    EXERCICIO 3. Interpretación (30 % da cualificación final)

    O tribunal proporá diversos traballos de improvisación, nos que se observará a capacidade de escoita, a integración dos estímulos corporais e vocais de cara á interpretación e o uso do espazo, do tempo e do ritmo dramáticos.

    O segundo día todas as persoas aspirantes deberán presentar:

    1. Unha PROPOSTA ESCÉNICA a partir dun dos 3 textos propostos (ligazón aos textos). A proposta, ademais de contemplar a interpretación do texto, poderá incluír o seu uso de maneira non convencional. A persoa aspirante deberá traer todo o necesario para realizar a súa proposta.

    2. Unha PROPOSTA LIBRE na que amose diversas destrezas (danza, música, interpretación, malabares ou calquera outra expresión que considere). A escola conta con equipo de música, cadeiras e piano para as propostas que o precisen. As cancións deberán entregarse nunha memoria USB para a súa reprodución. (Duración máxima: 2 minutos).

    ENTREVISTA PERSOAL (10 % da cualificación final)

    Terá como finalidade analizar as destrezas comunicativas das persoas aspirantes, valorar a súa capacidade de resposta ás preguntas que se lles formulen e coñecer os seus intereses e expectativas.

    Rúbricas de avaliación

    EN BLANCO

     

    Dirección escénica e dramaturxia

    EN BLANCO

     

    EN BLANCO