1. As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo co establecido nos artigos 4 e 5 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.
2. As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.
3. Realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na rúa Poza Cabalo, s/n, Vigo, e darán comezo o día 6 de xullo, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación.
4. A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola cal opten as persoas aspirantes.
Probas de acceso extraordinarias de setembro
PRAZAS VACANTES POR ESPECIALIDADE
Dirección escénica e dramaturxia: 6
Escenografía: 10
CALENDARIO DE INSCRICIÓN
27 de xullo – 29 de agosto (ambos inclusive): Prazo de inscrición
30 de agosto: Listaxe provisional de persoas inscritas
31 de agosto Reclamacións
31 de agosto: Listaxe definitiva de persoas inscritas
1 de setembro: Celebración das probas de acceso
2 de setembro: Listaxe provisional das cualificacións
5 de setembro: Reclamacións das cualificacións
6 de setembro: Listaxe definitiva das cualificacións
7 e 8 de setembro: Matrícula
MODOS DE PRESENTACIÓN
1- En liña: do 27 de xullo ao 29 de agosto (ambos inclusive): envío a través do correo electrónico esad.galicia@edu.xunta.gal da documentación compulsada ou con CSV.
2- Presencial: do 24 ao 29 de agosto (ambos inclusive): na ESAD coa documentación orixinal ou compulsada ou con CSV.
Documentación necesaria
a) Solicitude de inscrición (facendo constar, no caso de discapacidade, a adaptación das probas). Modelo: www.edu.xunta.es/eas
b) Copia do DNI, NIE ou pasaporte.
c) Xustificante do aboamento das taxas (64 €), segundo un destes modelos oficiais:
– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado na Secretaría da escola).
– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde a ligazón: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos
– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal.
⇓ Instrucións para o pago telemático das taxas
Engadir os certificados de exención ou redución correspondentes. O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado.
CÓDIGOS PAGO TAXAS
Consellería: 07
Delegación: 41
Servizo: 03
Taxa: 352500
Concepto: Probas acceso ESAD de Galicia
Cantidade: 64 € (normal) | 32 € (familia numerosa categoría xeral)
d) Documentación académica segundo proceda:
– Título de bacharelato.
– Certificación académica do bacharelato con indicación de materias pendentes.
– Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Título universitario que cumpra as condicións establecidas no punto 4 da instrución primeira desta resolución.
– Certificado de superación da proba substitutiva do requisito de titulación correspondente a convocatorias anteriores.
e) Documento acreditativo do grao de discapacidade e solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda, de ser o caso.
f) Documento acreditativo da condición de deportista galego/a de alto nivel e/ou rendemento, de ser o caso.
Información xeral sobre os procesos de admisión e acceso
Admisión e acceso
Para cursar Estudos Superiores de Arte Dramática as persoas aspirantes deben estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente, e superar unha proba de acceso. Segundo o número de vacantes dispoñibles en cada especialidade, a Dirección Xeral competente en materia de Ensinanzas Artísticas Superiores adxudica as prazas en función das cualificacións globais obtidas na mesma.
Na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia reservarase un 10 % das prazas ofertadas en cada especialidade para as persoas aspirantes que superen a proba específica de acceso e que acreditasen o recoñecemento oficial dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. As prazas reservadas para estas persoas aspirantes e que non poidan ser adxudicadas serán ofrecidas ás demais persoas aspirantes pola orde que lles corresponda.
Conforme o establecido no artigo 9 da Orde do 21 de novembro de 2016, en cada centro da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparta algunha das especialidades dos estudos superiores de Arte Dramática reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade impartida para o acceso a estas dos/das aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento que reúna os requisitos académicos establecidos.
PRAZOS DE INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO 2022/2023
Se accedes a través da proba de madurez: Ata o 23 de maio 2022.
Se accedes coa titulación de Bacharelato, universidade para maiores de 25 anos, grao ou equivalente: Ata o 23 de xuño 2022.
⇒ Calendario das probas de acceso: Procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas
Requisitos para solicitar a inscrición nas probas de acceso
- Título de Bacharelato.
- Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
- Titulo de licenciado, graduado ou equivalente.
- Proba de madurez para persoas que teñan 18 anos cumpridos no ano de realización das probas.
Oferta de prazas de novo ingreso
Atendendo ao establecido no Real Decreto 303/2010, de 15 de marzo, no seu artigo 26, que establece a relación numérica profesorado / alumnado (Boletín Oficial do Estado do 9 de abril de 2010), o número de prazas de novo ingreso para cada curso escolar é de:
12 para Dirección escénica e dramaturxia (2 prazas para aspirantes con discapacidade)
12 para Escenografía (2 prazas para aspirantes con discapacidade)
24 para Interpretación (3 prazas para aspirantes con discapacidade)
Perfil de ingreso
Para as especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Interpretación, non existe un perfil de ingreso recomendado. Non é obrigatorio ter cursado unha opción determinada de Bacharelato. Con todo, as persoas que queiran cursar estas dúas especialidades poderían optar preferentemente polo Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, mentres que para as persoas que queiran optar pola especialidade de Escenografía resulta recomendable o Bacharelato de Artes.