A ESCOLA

Instalacións

O Edificio

O edificio da ESADg é o primeiro dunha serie de tres que van conformar a sede definitiva da institución, e que a vai converter nun centro de referencia en todo o Estado. Foi construído coa colaboración e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A escola conta, entre outras instalacións, cos seguintes espazos:

  • Auditorio (aforo: 125 butacas), camerinos e almacén técnico.
  • Teatro ao aire libre.
  • Aulas prácticas para interpretación, dirección escénica, expresión oral e corporal, danza e música, con equipamento de iluminación e son.
  • Aulas de escenografía, caracterización e indumentaria.
  • Aula de deseño por ordenador e aula de debuxo artístico.
  • Aulas teóricas e de seminarios.
  • Biblioteca.
  • Cafetería e comedor.
  • Vestiarios para alumnado e profesorado.
  • Salas de xuntas.
  • Salas para profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.
  • Salas para departamentos e servizos.
  • Servizos administrativos e de xestión.
  • Zonas verdes.

Tanto alumnado como profesorado pode dispoñer das instalacións, aulas e recursos do centro para a realización de traballos vinculados cos procesos de ensinanza e aprendizaxe, creación e investigación, e con outros proxectos e programas da escola. A solicitude de espazos deberá facerse mediante unha serie de procedementos, tentando en todo momento cumprir as normas de uso establecida en cada caso. Na sección de alumnado e de profesorado, e no apartado de documentos, están dispoñibles os diferentes impresos para solicitar o uso de espazos e recursos.

Biblioteca Álvaro Cunqueiro

A escola conta cun fondo bibliográfico e documental de máis de 7.700 rexistros, que ofrece apoio na docencia e na investigación ao alumnado e ao profesorado, así como aos investigadores e profesionais das artes escénicas. Un espazo que conta cunhas instalacións para 40 postos de traballo, con ordenadores e conexión a Internet.

Horario

Luns a venres | 09:30 – 13:30 (só como sala de lectura e consulta).
Luns, mércores e xoves | 15:00 – 19:00 (sala de lectura, consulta, préstamos e devolucións).

Coordinación do servizo de biblioteca

Mª Carmen Abizanda Losada 

Telf.: 986 246 399 (Ext. 29)
biblioteca@esadgalicia.com