Calidade

PRESENTACIÓN

De acordo co establecido na lexislación vixente, nomeadamente na Orde do 21 de novembro de 2016, no seu artigo 28 (Diario Oficial de Galicia do 1 de decembro de 2016), a ESADg ten establecido un Sistema de Garantía Interna da Calidade coa finalidade de potenciar a mellora das súas actividades docentes e de xestión. Ao mesmo tempo, e seguindo as normas establecidas pola administración educativa, nomeadamente o Convenio asinado entre a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG), a ESADg establece protocolos e liñas de actuación ao abeiro do disposto na Guía para a o seguimento das titulacións superiores de ensinanzas artísticas editada pola ACSUG en xuño de 2015. Na configuración do Sistema de Garantía Interna de Calidade da escola, e na elaboración e edición do seu Manual de Calidade, tómanse en consideración os parámetros establecidos pola Asociación Europea para a Garantía de Calidade da Educación Superior, desenvolvidos pola Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) e pola propia ACSUG, sen esquecer algunhas directrices contidas na norma ISO 9001: 2008 en relación cos procesos de xestión e administración do centro.

Para o desenvolvemento de políticas de calidade, ademais das responsabilidades que lle son propias ao equipo de dirección e aos órganos colexiados da escola, e da comunicación das políticas á inspección educativa para os efectos oportunos, a ESADg conta cun Departamento de Calidade e cun Servizo de Garantía Interna de Calidade onde participa a comunidade educativa. O Servizo está integrado pola seguinte Comisión:

Manuel Francisco Vieites García (Director). Presidente da Comisión.
Mónica Groba Lorenzo
(Departamento de Calidade). Secretaria da Comisión.
David Mortol Moreno
(Secretario académico).
Carmen Labella Rivas
(Profesorado).
Maite Candamo Romaní
(Alumnado).
David Carbó Falque
(Alumnado).
María Consuelo Pena Arjones
(Persoal de administración e servizos).

No Anexo I está dispoñible o documento Anexo I 01 Listaxe de procedementos que contén todos os que se contemplan no Sistema de Garantía Interna de Calidade.

IMPORTANTE: Na sección dedicada a alumnado e a profesorado aparecen os documentos de uso frecuente en cada sector da comunidade escolar.

DOCUMENTACIÓN

12. Resultados

Neste apartado incluiranse os resultados da avaliación dos programas docentes así como os da avaliación do persoal docente, pero tamén dos servizos que ofrece o centro. Igualmente se incluirán os resultados dos procesos de avaliación interna ou externa que se realicen, e outra información relevante vinculada coa rendición de contas.

16. ANEXO I. Documentos do SGIC

17. ANEXO II. Impresos

18. ANEXO III. Documenta

Leis

Reais Decretos

Decretos

Ordes

Resolucións

Instrucións

Circulares

Outros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies