SERVIZOS
Biblioteca
Biblioteca Álvaro Cunqueiro
A escola conta cun fondo bibliográfico e documental de máis de 7.700 rexistros, que ofrece apoio na docencia e na investigación ao alumnado e ao profesorado, así como a investigadorxs e profesionais das artes escénicas. O espazo da biblioteca conta cunhas instalacións para 40 postos de traballo, con ordenadores e conexión a internet.
Horario de acceso libre á sala de lectura
De luns a venres | 10:00 – 19:00
Horario de préstamos e devolucións
Luns, mércores e xoves | 15:00 – 19:00
Coordinación do servizo de biblioteca
Mª Carmen Abizanda Losada
Telf.: 886 121 986
biblioteca.esad.galicia@edu.xunta.gal
Outras iniciativas en Galicia
O Fondo Teatral María Casares, situado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo (Praza de San Xoán, 10), naceu en 1995 a través dun convenio promovido por Xosé Manuel Pazos Varela entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas e a compañía Teatro de Ningures. Creado a partir das coleccións bibliográficas destas entidades, o fondo foi ampliándose con novas publicacións especializadas.
Con arredor dun milleiro de volumes e revistas, ademais de materiais audiovisuais, fotografías e outra documentación, constitúe un fondo especializado de referencia para o estudo e a investigación teatral en Galicia.
Consulta nesta ligazón o catálogo do Fondo Teatral María Casares.
