Mobilidade

Internacional

Mobilidade internacional

A ESADg conta cun departamento específico para atender os procesos de mobilidade do seu alumnado e profesorado. En relación a estes programas na actualidade temos en marcha a Acción KA1, que promove a mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, e ten como obxectivo fortalecer o marco do Espazo Europeo de Educación Superior converténdoo nun referente de calidade e innovación. Para tal fin pon en marcha diversas estratexias, entre as que destacan, por unha banda, a mobilidade de estudantes e persoal docente e, por outra, a cooperación multilateral entre centros de ensino superior europeos.

A Unión Europea aprobou para o período 2014-2020 a continuidade do Programa de Aprendizaxe Permanente (Lifelong Learning Programme – LLP, 2007-2013) que abrangue catro niveis educativos: 1) a educación escolar, 2) a educación superior, 3) a formación profesional, e 4) a educación de adultos. O programa específico para a educación superior no período 2014-2020 denomínase ERASMUS +. Para o curso escolar 2018-2019 a ESADg iniciará a tramitación necesaria para poder desenvolver accións de formación e de mobilidade no marco do programa da Unión Europea Erasmus Mundus, prestando especial atención á cooperación con países de Iberoamérica.

 

 Erasmus Charter for Higher Education 2021-2027

 

Recentemente, a ESADg foi incluída na rede ITI / UNESCO para a educación superior nas artes escénicas, que se centra na construción dunha plataforma global para que as institucións de educación superior se atopen, aprendan unhas das outras, organicen intercambios entre estudosos, artistas e estudantes, ademais de tratar temas comúns, xa sexan académicos, artísticos ou institucionais. Esta rede apoia as artes escénicas nos países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento, facendo especial fincapé en África, contribuíndo a mellorar a accesibilidade á educación das artes escénicas: ITI/UNESCO, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

ITI/UNESCO Network for Higher Education in the Performing Arts

Protocolo bolsa Erasmus+ para profesionais

O programa Erasmus+ contempla a posibilidade de invitar a profesionais dos diferentes sectores das artes escénicas e a docentes do ensino público ou privado, sempre que sexan residentes  en  países  pertencentes  ao  programa mediante unha bolsa similar ás que se conceden para o profesorado na modalidade Staff Mobility for Teachin

 Protocolo Bolsas Invitados

INTERNATIONAL OFFICE
Vanesa Martínez Sotelo
Álvaro Rodríguez Carballo

+34 986 246 399 (Ext. 26)
international@esadgalicia.com
Instagram: @international.esadg

 

O programa específico para a Educación Superior no período 2014-2020 denomínase ERASMUS+.

Na ESAD de Galicia xestiónanse a Acción KA1: ‘Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe’, que ten como obxectivo fortalecer o marco do Espazo Europeo de Educación Superior converténdoo nun referente de calidade e innovación. Para tal fin pon en marcha diversas estratexias, entre as que destacan, por unha banda, a mobilidade de estudantes e persoal docente e, por outra, a cooperación multilateral entre centros de ensino superior europeos.

 

  Convocatoria-Erasmus-2024-25

  Student-Application-Form (Outgoing)

  Staff-Application-Form (Outgoing)

Nomeamentos e proceso de candidaturas

Proceso de Nomeamento

Data límite: 1/06/2024 ( Cuadrimestre)

Data límite: 1/11/2023 ( Cuadrimestre)

Por favor, nominade aos vosos alumnos por correo electrónico a internationalesadgalicia@gmail.com incluíndo a seguinte información:

  • nome e apelido
  • dirección de correo electrónico
  • especialidade e curso de estudo na ESADg.
  • periodo da mobilidade

Amablemente pediremos que nos enviedes a información dos estudantes nomeados pola universidade nu só correo, incluíndo o código Erasmus, si é posible. Por favor nombrade tantos estudantes como prazas hai no acordo (IIA).

Proceso de candidatura

Data límite: 15/06/2024 ( Cuadrimestre)

Data límite: 15/11/2023 ( Cuadrimestre)

Documentos para as candidaturas:

  • Formulario de petición con foto.
  • Curriculum vitae (en Castelán ou English)
  • Carta de Motivación (en Castelán ou English)
  • Certificado de calificacións
  • Portfolio (só para estudantes de Escenografía)