REPRESENTANTES QUE SE DEBEN ELIXIR
Neste proceso electoral deberán cubrirse 13 postos de representación, distribuídos entre os seguintes sectores da comunidade educaativa:
Profesorado: 5 representantes
Alumnado: 7 representantes
Persoal de administración e servizos: 1 representante
As persoas integrantes destes tres sectores poderán participar no proceso electoral correspondente, tanto representando as súas candidaturas como exercendo o seu dereito ao voto, de acordo coa normativa aplicable.
CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL
A Resolución establece os seguintes prazos para o desenvolvemento das eleccións:
1. Constitución da Xunta Electoral
A organización e supervisión do procedemento de elección de novas representantes do Consello estará a cargo da Xunta Electoral, que estará integrada por:
- O director do centro.
- Un/ha representante do equipo docente.
- Un/ha representante do alumnado.
- Un/ha representante do persoal de administración e servizos.
As tres últimas persoas serán designadas mediante sorteo, que será público e preverá a designación de integrantes titulares e suplentes. Celebrarase o martes 20 de outubro de 2026 ás 12:30 na Sala do Profesorado da ESAD de Galicia.
2. Presentación de candidaturas
A Xunta Electoral determinará e fará públicas as datas e procedemento de presentación de candidaturas, garantindo un prazo de admisión non inferior a sete días naturais.
3. Votacións
As eleccións das persoas representantes do profesorado, do alumnado e do PAS celebraranse entre o 23 e o 27 de novembro de 2026, nas datas e horarios que estableza a Xunta Electoral.
4. Proclamacións das persoas elixidas e constitución do Consello de Centro
Finalizadas as votacións, realizarase o escrutinio e procederase á proclamación das persoas representantes elixidas, de acordo co procedemento legalmente establecido. Posteriormente, constituirase o Consello de Centro coa súa nova composición.
INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN
Unha vez constituída a Xunta Electoral, a ESAD de Galicia dará a coñecer o calendario electoral definitivo, que incluirá os prazos e procedemento de presentación de candidaturas, as datas das votacións e os demais aspectos organizativos do proceso.
Toda a información relevante será comunicada á comunidade educativa a través das canles oficiais do centro.
Desde o equipo directivo da ESAD de Galicia animamos a toda a comunidade educativa a participar activamente neste proceso, tanto mediante a presentación de candidaturas como a través do exercicio do voto, contribuíndo así ao fortalecemento da participación democrátiva e da corresponsabilidade na xestión do centro.



