ALUMNADO

Curso 2023/24

Curso escolar 2023/2024

Guía do alumnado

A Guía do alumnado é un documento que recolle aqueles aspectos da normativa administrativa e académica máis relevantes, polo que a súa lectura resulta moi recomendable para saber de cuestións que afectan a vida no centro das alumnas e dos alumnos: matrícula, recoñecemento de créditos, anulación de convocatorias, permanencia, titorías, uso de instalacións, mostras ou traballo fin de estudos.

 

 

Datas de interese:

Anulación de convocatorias

  • Ordinaria 1º Cuadrimestre: 10-21 de decembro de 2023
  • Ordinaria 2º Cuadrimestre: 2-24 de maio de 2024
  • Extraordinarias: 10-21 de xuño de 2024

Matricula 2º, 3º e 4º: 24 de xuño ao 24 de xullo (ambolos dous incluídos no horario de oficina 10h-13:30h)

 

Uso de instalacións

As instalacións do centro están a disposición do alumnado para a realización de traballos vinculados cos procesos de ensinanza, aprendizaxe e creación. Igualmente, sempre que o uso das mesmas o permita, tamén se facilita o uso de instalacións a antigas alumnas e alumnos que precisen de espazos para realizar actividades vinculadas coa súa actividade profesional. Para un correcto uso dos recursos dispoñibles, existe o correspondente procedemento, e un conxunto de impresos para a solicitude dos mesmos. De igual maneira se inclúen neste apartado as normas de uso da Biblioteca do centro.

 

  • PA111.06 Uso de instalacións e recursos
  • IP111.06.00 Normas uso instalacións
  • IP111.06.01 Solicitude uso de instalacións
  • IP111.06.02 Solicitude de aulas específicas
  • IP111.06.03 Solicitude de material
  • IP111.06.04 Solicitude espazos para actividades
  • IP111.06.05 Protocolo uso almacén
  • IP111.06.06 Normas de uso Biblioteca
  • IP111.06.07 Reserva diaria de aula