OFERTA FORMATIVA

Escenografía

Ensinanzas superiores

Escenografía

A Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía equivale á titulación de Grao Universitario. Si quieres estudiar escenografía, esta carrera está orientada, segundo o Decreto 179/2015, ao desenvolvemento das seguintes competencias:

  • Concibir as ideas e propostas que fundamentan a creación do deseño. Explorar a dinámica do espazo, do corpo e da luz, valorando as súas propiedades representativas e a súa calidade estética.
  • Proxectar a composición do deseño a través do uso do coñecemento dos procedementos técnicos e de representación.
  • Planificar e facer o seguimento do proceso de realización da creación, aplicando as metodoloxías de traballo pertinentes.
  • Planificar e desenvolver programas de educación e animación teatral.
  • Estudar para concibir e fundamentar o proceso creativo persoal, tanto no que se refire ás metodoloxías de traballo como á renovación estética.
  • Estudar o feito escénico a partir de diferentes métodos e coñecer aspectos básicos da investigación escénica.

Uns estudos oficiais orientados tanto a persoas relacionadas co ámbito da arquitectura, deseño de interiores e as belas artes, como a profesionais do ámbito escénico. Tamén posúe gran afinidade con outras profesións relacionadas cos diversos procesos de ideación e transformación de espazos, como é a dirección artística no ámbito audiovisual, ou o escaparatismo e a publicidade.

O Plan de Estudos da Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e Dramaturxia aparece recollido no Decreto 179/2015 (DOG do 7 de decembro de 2015), e o seu desenvolvemento reflíctese nas programacións docentes de cada unha das materias que o integran, segundo se presenta na correspondente táboa.

 

1º Curso  – Escenografía

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Espazo escénico I Deseño de escenografía 5 6 PDF
Espazo escénico II Deseño de escenografía 5 6 PDF
Técnicas escénica I Técnicas de realización de materiais 5 6 PDF
Debuxo artístico I Técnicas de representación 5 6 PDF
Debuxo técnico I Técnicas de representación 4 3 PDF
Debuxo técnico II Técnicas de representación 4 3 PDF
Historia da arte I Historia da arte 4 4 PDF
Historia da arte II Historia da arte 4 PDF
Percepción visual e perspectiva I Técnicas de representación 5 3 PDF
Percepción visual e perspectiva II Técnicas de representación 5 7 PDF
Teorías do espectáculo I Teorías do espectáculo e da comunicación 4 4 PDF
Teorías do espectáculo II Teorías do espectáculo e da comunicación 4 4 PDF
Teoría e análise dramática Historia e teoría da literatura dramática 6 4 PDF
TOTAL 60 60 PDF

 

2º Curso – Escenografía

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Espazo escénico III Deseño de escenografía 5 6 PDF
Espazo escénico IV Deseño de escenografía 5 6 PDF
Literatura dramática I Historia e teoría da literatura dramática 3 3 PDF
Literatura dramática II Historia e teoría da literatura dramática 3 3 PDF
Tecnoloxía escénica I Tecnoloxía aplicada ás artes do espectáculo 5 5 PDF
Tecnoloxía escénica II Tecnoloxía aplicada ás artes do espectáculo 5 5 PDF
Deseño asistido por ordenador I Técnicas de respresentación 5 4 PDF
Deseño asistido por ordenador II Técnicas de respresentación 5 4 PDF
Iluminación I Deseño de escenografía 2 2 PDF
Iluminación II Deseño de escenografía 2 2 PDF
Debuxo artístico II Técnicas de representación 5 6 PDF
Historia da arte III Historia da arte 5 4 PDF
Historia da escenografía Historia das artes do espectáculo 5 4 PDF
Estética teatral Estética 5 6 PDF
TOTAL 60 60 PDF

 

3º Curso – Escenografía

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Iluminación III Deseño de escenografía
Prácticas de escenografía
2
3
6 PDF
Iluminación IV Deseño de escenografía
Prácticas de escenografía
2
3
6 PDF
Dramaturxia I Dramaturxia 3 3 PDF
Dramaturxia II Dramaturxia 3 3 PDF
Historia das artes do espectáculo I Historia das artes do espectáculo 3 3 PDF
Historia das artes do espectáculo II Historia das artes do espectáculo 3 3 PDF
Técnicas escénicas II Técnicas de realización de materiais 5 6 PDF
Técnicas escénicas III Técnicas de realización de materiais 5 6 PDF
Caracterización I Deseño do personaxe 3 4 PDF
Caracterización II Deseño do personaxe 3 3 PDF
Indumentaria Deseño do personaxe 6 4 PDF
Produción e xestión Produción e xestión 6 6 PDF
Obradoiro de escenografía I Prácticas de escenografía 10 9 PDF
TOTAL 60 60 PDF

 

4º Curso – Escenografía

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Pedagoxía teatral I Pedagoxía 2.5 4 PDF
Pedagoxía teatral II Pedagoxía 2.5 4 PDF
Introdución á investigación escénica I Pedagoxía 2 2 PDF
Introdución á investigación escénica II Pedagoxía 2 2 PDF
Obradoiro de escenografía II Prácticas de escenografía 5 6 PDF
Escenificación Escenificación 6 4 PDF
Análise de espectáculos Historia das Artes do Espectáculo 4 3 PDF
Deseño do personaxe I Deseño do personaxe 2.5 2 PDF
Deseño do personaxe II Deseño do personaxe 2.5 2 PDF
Obradoiro de escenografía III Prácticas de escenografía
Deseño de escenografía
2
8
10 PDF
Deseño de espectáculos multidisciplinares Optativa 3 3 PDF
Introdución á dirección de actores/actrices I Optativa 3 3 PDF
Dirección de proxectos escénicos Optativa 3 3 PDF
Traballo fin de estudos 12 12 PDF
TOTAL 60 60 PDF
  • Deseño de espazos escénicos, iluminación, caracterización, indumentaria e publicidade para todo tipo de espectáculos, escénicos e audiovisuais.
  • Deseño para cine, televisión, publicidade, animación e videoxogos.
  • Deseño e coordinación de actividades diversas en museos, exposicións, interiores ou parques temáticos. Transformación artística de todo tipo de espazos.
  • Xestión e produción teatral, e dirección de actividades e proxectos vinculados coas artes plásticas e as artes da imaxe.
  • Docencia teatral e investigación en programas vinculados coas artes escénicas e coas artes en xeral.

O perfil profesional definido na especialidade de escenografía corresponde ao dun/dunha artista, pensador/a e comunicador/a de imaxes que utiliza basicamente a linguaxe do espazo e a dos obxectos e seres que o habitan.

Desenvolve unha visión artística persoal que se combina coa doutros/as artistas e participa nun proxecto artístico ou comunicativo común.

Este/a profesional estará capacitado/a para o exercicio da investigación e da docencia.

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, centro de ensino público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece as ensinanzas oficiais de Arte Dramática reguladas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e no Real Decreto 630/2010, que conducen á obtención dunha Títulación Superior en Arte Dramática, equivalente a todos os efectos ao título universitario de Grao.

Na Comunidade Autónoma de Galicia as ensinanzas están reguladas polo Decreto 179/2015 (Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro de 2015) e pola Orde do 21 de novembro de 2016 (DOG do 1 de decembro de 2016).